Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta abre unha liña de axudas de 1,5 millóns de euros para modernizar establecementos de restauración e de aloxamento

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración

Fecha: 29 de Noviembre de 2019

Fuente: Xunta de Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a nova convocatoria de axudas para financiar con 1,5 millóns de euros actuacións de mellora nos establecementos turísticos de aloxamento e, como novidade este ano, tamén nos establecementos de restauración de Galicia. Destinaranse 750.000 a establecementos de aloxamento (hoteis, pensións, cámpings,  establecementos de turismo rural ou albergues, entre outros...) e outros 750.000 a establecementos de restauración.

 

Con este investimento a Xunta contribuirá a financiar, entre outras actuacións, accións de mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas, melloras nas instalacións co fin de obter certificacións de calidade, actuacións de renovación e modernización das instalacións ou melloras na climatización.

 

Esta medida desenvolverase en réxime de concorrencia competitiva e o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

 

Esta liña de axudas dá continuidade ao traballo que se vén facendo nos últimos anos apoiando a modernización e actualización do sector. De feito, grazas a esta liña de axudas -que ata este ano incluía só establecemetnos de aloxamento- durante 2019 a Xunta contribuíu a financiar máis de 70 actuacións de mellora en establecementos de aloxamento por importe de 1,2 millóns de euros que permitiron mobilizar máis de 4 millóns.

 

Novos restaurantes excelentes

Trátase dunha orde de subvencións á que fixo referencia hoxe a directora de Turismo, Nava Castro, durante unha visita en Vigo ao restaurante Morrofino Taberna, un dos seis locais galegos que veñen de ser recoñecidos hai uns días pola Guía Michelín cun Bib Gourmand o distintivo que valora o produto, atención e a súa calidade prezo.

 

Como explicou durante a visita, Morrofino Taberna "é un exemplo dun sector que sabe actualizarse, modernizarse e adaptarse aos novos tempos e demostra tamén a boa canteira coa que contamos en Galicia no eido da enogastronomía". Este establecemento, liderado por Víctor Fernández, é un dos tres restaurantes de Vigo que contan co Bib Gourmand e que fan que Galicia sume xa 28 restaurantes con este recoñecemento.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones