Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA ACLARA QUE É FALSO QUE A LEI DE MONTES DO ESTADO ABRA A PORTA Á RECUALIFICACIÓN INDISCRIMINADA DE TERREOS QUEIMADOS

É rotundamente falso que se permita a recualificación indiscriminada para iniciar procesos urbanísticos ou especulativos en terreos forestais ardidos antes de que se cumpran 30 anos

A nova lei só contempla a recualificación nos casos nos que ese procedemento estivera xa aprobado ou en marcha ANTES do incendio forestal ou sempre que se faga contemplando o seu uso agrario ou gandeiro

Fecha: 14 de Agosto de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

Trala proliferación de distintas críticas que están intentando confundir á cidadanía asegurando que a Lei de Montes do Estado abre a porta á recualificación indiscriminada para iniciar procesos urbanísticos ou especulativos en terreos forestais ardidos antes de que se cumpran 30 anos dende o último incendio, a Xunta quere aclarar que é rotundamente falso. A Ley 21/2015, de 20 de julio, por la que se modifica la Ley 43/2003, de 21 de noviembre, recolle explícitamente a prohibición expresa do cambio de uso forestal alomenos durante 30 anos así como de “toda actividade incompatible coa rexeneración da cuberta vexetal durante o tempo que determine a lexislación autonómica”.

Só “con carácter singular” faculta ás comunidades autónomas a excepcionar esta prohibición sempre que con anterioridade ao incendio forestal estivera previsto o cambio:

-nun planeamento previamente aprobado,
-nun instrumento de planeamento pendente de aprobación sempre que xa fora obxecto de informe de avaliación ambiental favorable ou –de non ser este último esixible- se xa fora sometido ao trámite de información pública
-nunha directriz de política agroforestal que contemple o uso agrario ou gandeiro extensivo de montes non arborados en estado de abandono.

Tamén con carácter excepcional, as comunidades autónomas poderán acordar o cambio de uso forestal “cando concorran razóns imperiosas de intereses público de primeira orde que deberán ser apreciadas por Lei e sempre que se adopten as medidas compensatorias necesarias que permitan recuperar a superficie forestal equivalente á queimada”. “No caso de que esas razóns imperiosas de primeira orde correspondan a un interese xeral da Nación, será a lei estatal a que determine o cambio de uso forestal” e en ningún caso se poderá excepcionar a norma respecto de montes catalogados, caso –por exemplo- do recente conato na illa de Cortegada ou dos lumes rexistrados na Serra do Xurés.

É dicir, é radicalmente falso que a Lei de Montes do Estado permita especular urbanisticamente con terreos forestais e que abra a porta á recualificación indiscriminada antes de 30 anos tras un incendio. A nova Lei, só contempla a recualificación nos casos nos que ese procedemento estivera xa aprobado ou en marcha ANTES do incendio forestal ou sempre que se faga contemplando o seu uso agrario ou gandeiro. Ademais só se permite cambiar o uso forestal se por lei, a Comunidade Autónoma correspondente, declara razóns imperiosas de interese público de primeira orde (como por exemplo unha obra pública coma o trazado da alta velocidade).

Nesta liña, a Xunta lamenta profundamente que se estea a facer un uso partidista, sesgado e demagóxico da Lei intentando vinculala á actividade delictiva incendiaria que se está a rexistrar en Galicia trasladando unha mensaxe falsa e interesada á cidadanía con fins que se afastan da verdade.

Dispositivo
Respecto das críticas os dispositivo, convén lembrar que Galicia conta co dispositivo de prevención e loita contra incendios forestais máis potente de toda España que, en conxunto, pode chegar a acadar as 7.000 persoas velando polos montes galegos. Un dispositivo idéntico en persoal que o ano anterior, polo que é rotundamente falso que haxa unha redución en máis dun terzo, como se asegura desde determinados sectores. Ademais, e tal e como estaba previsto, ao comezo da campaña de risco elevado –o 1 de xullo– estaban xa cubertos o 100% dos postos de técnicos, o 98,1% dos 388 postos de axentes e o 94% dos 1.839 postos de laborais do Servizo de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta de Galicia. Polo tanto, as vacantes están a ser cubertas en tempo e forma.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones