Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta alerta dun episodio de temperaturas máximas de nivel laranxa na zona do Miño na provincia de Pontevedra

O termómetro rexistraba preto de 40º hoxe ás 14:00h na Guarda

O termómetro rexistraba preto de 40º hoxe ás 14:00h na Guarda

Fecha: 08 de Agosto de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia alerta dun episodio de temperaturas máximas de nivel laranxa que se iniciará ás 14.00 horas de hoxe na zona do Miño da provincia de Pontevedra.

Segundo as estimacións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), poderán alcanzarse ata 38 graos centígrados nesa zona. Permanecerán en alerta amarela as zonas das Rías Baixas, na provincia de Pontevedra; e as do Miño e Valdeorras, en Ourense.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do CAE 112 Galicia, informou da situación aos concellos afectados, ao servizo provincial de Protección Civil, e aos bombeiros, entre outros.

Consellos e recomendacións

Ante este episodio de temperaturas máximas, a Xunta propón unha serie de consellos e recomendacións, especialmente ás persoas maiores, discapacitadas, nenos menores de 5 anos, persoas con enfermidades crónicas, que tomen algunha medicación habitualmente ou que realizan traballos físicos intensos ou deporte ao aire libre:

- Limite a súa exposición ao sol, permaneza en lugares protexidos do sol o maior tempo posible e mantelos ben ventilados.
- Teña en conta que o entrar e saír destes lugares, prodúcense cambios bruscos de temperatura que poden afectarle.
- Tome comidas lixeiras e regulares, bebidas e alimentos ricos en auga e sales minerais, como as froitas e hortalizas, que lle axuden a repoñer as sales perdidas polo suor.
- Vístase con roupa adecuada de cores claros, cubrindo a maior parte del corpo, especialmente, a cabeza.
- Evite exercicios físicos prolongados nas horas centrais do día.
- Interésese por persoas maiores e enfermas próximas, que vivan solas ou illadas.
- Nunca deixe a nenos nin persoas maiores no interior dun vehículo cerrado.

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 www.112galicia.org, que conta con información meteorolóxica máis detallada e con enlaces de interese.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones