Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta alerta para mañá dun temporal de nivel laranxa costeiro e de vento nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra

En terra, espéranse refachos de vento de ata 100 quilómetros por hora no interior da Coruña, Pontevedra e Lugo e tamén na Mariña lucense e nas zonas de montaña desta provincia

En terra, espéranse refachos de vento de ata 100 quilómetros por hora no interior da Coruña, Pontevedra e Lugo e tamén na Mariña lucense e nas zonas de montaña desta provincia

Fecha: 25 de Noviembre de 2019

Fuente: Xunta de Galicia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activa para mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro que afectará ao litoral da Coruña e Lugo, e por vento en terra nestas dúas provincias e tamén na de Pontevedra.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), desde mañá ás 14,00 horas, espéranse ventos do suroeste que poden acadar os 100 quilómetros por hora e que afectarán ao interior da Coruña, Pontevedra e Lugo, e tamén na Mariña e nas zonas de montaña da provincia lucense.

A Xunta lembra que, co vento, o mobiliario urbano pode desprazarse e os restos de árbores e pólas que puideron caer á vía poden condicionar a circulación. Tamén se lle recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e demais obxectos susceptibles de desprazarse co vento.

A AEMET tamén alerta dun episodio meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa no noroeste, o oeste e o suroeste da costa da Coruña e Lugo, que comezará mañá sobre as 15,00 horas. Agárdase mar combinada do sur con ondas de 5 a 6 metros segundo a zona e ventos do sur ou do suroeste que poden acadar forza oito. No litoral de Pontevedra o nivel de aviso será amarelo con mar combinada do sur e ondas de 4 a 5 metros.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Suspensión actividades no exterior

A Comisión Escolar de Alertas suspenderá mañá martes, 26 de novembro, as actividades no exterior dos centros educativos radicados nas zonas para as que se decreta a alerta laranxa por refachos de vento superiores aos 90 e 100 quilómetros por hora, é dicir, no interior da provincia da Coruña; na Mariña, na montaña e no centro da provincia de Lugo; e no interior da provincia de Pontevedra. Tamén se cancelarán estas actividades nos centros das áreas de montaña da provincia de Ourense, onde pese a que o nivel de alerta é amarelo, as rachas máximas poden chegar aos 90 quilómetros por hora.
En todo caso, as direccións dos centros escolares das zonas excluídas desta alerta poderán adoptar as decisións que estimen oportunas se consideraran un risco superior ao declarado.

Suspensión simulacro

Debido á activación da alerta laranxa por temporal costeiro e por vento en terra, a Dirección Xeral de Emerxencias decidiu suspender e aprazar o simulacro de activación do Plan de Emerxencia Exterior do Polígono da Grela-Bens previsto para mañá e que iba a coordinar a Xunta nas instalacións de Repsol Butano S.A.

Por mor do temporal costeiro, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas. Unha recomendación que é extensible á pesca deportiva e a outras actividades deportivas no mar. Tamén se insta a extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera outro tipo de actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.
Ademais, é preciso permanecer lonxe da liña de costa, así como evitar aproximarse a diques, rompentes, paseos marítimos, espigóns, peiraos e todas aquelas zonas que podan ser varridas polo mar co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos.

Tamén se recomenda consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org ), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones