Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA AMPLÍA A ALERTA LARANXA POR TEMPORAL DE VENTO ÁS PROVINCIAS DA CORUÑA E PONTEVEDRA

Emerxencias tamén informou dun temporal costeiro de nivel laranxa nas provincias de Pontevedra e Coruña por ventos do Sur de forza 8

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta amplía a alerta de temporal de nivel laranxa por vento ás provincias da Coruña e Pontevedra.

Fecha: 05 de Octubre de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta amplía a alerta de temporal de nivel laranxa por vento ás provincias da Coruña e Pontevedra.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a través da súa delegación en Galicia, a alerta laranxa por vento vixente hoxe na provincia de Ourense amplíase ao noroeste, oeste, suroeste e interior da provincia da Coruña; e á zona das Rías Baixas, Miño e interior da provincia de Pontevedra, estimándose que poida acadar refachos de vento de ata 100 km/h.

Emerxencias alerta tamén dun temporal de nivel laranxa por costeiros no noroeste, oeste e suroeste da provincia da Coruña e na zona das Rías Baixas e Miño, na provincia de Pontevedra, por ventos do sur de forza 8.

Na provincia de Ourense continúa a alerta do temporal de nivel laranxa por vento na zona montañosa da provincia de Ourense, estimándose que poda acadar refachos de ata 100 km/h.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do 112 Galicia, informou da situación aos concellos das zonas afectadas; así como ás respectivas Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e outras situacións de risco. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones