Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta aposta pola mellora da seguridade viaria en todos os Camiños de Santiago na provincia de Pontevedra

O conselleiro de Cultura e Turismo trasladou na Mesa do Camiño unha proposta á Deputación de Pontevedra para avanzar na protección dos distintos itinerarios

Lembrou que o Ano Santo traerá consigo unha extensa programación na provincia dentro da aposta por estender a influencia desta celebración a toda Galicia

Fecha: 07 de Noviembre de 2019

Fuente: Xunta de Galicia

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, salientou a aposta da Xunta pola mellora da seguridade viaria en todos os Camiños de Santiago na provincia de Pontevedra. Fíxoo durante a celebración da Mesa do Camiño, na que subliñou a importancia da colaboración institucional co fin de mellorar a protección e a posta en valor dos catro itinerarios da provincia: Camiño Portugués, Camiño Portugués da Costa, Vía da Prata e Camiño de Inverno. Precisamente, no marco deste encontro, aproveitou para trasladarlle á Deputación de Pontevedra unha proposta para a mellora da seguridade nestas catro rutas.

Este acordo daría continuidade ao asinado onte coa Deputación de Ourense e no mes de febreiro coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) co fin de detectar as necesidades das distintas Rutas Xacobeas e acometer as medidas previstas para impulsar a mellora da seguridade viaria nas mesmas no marco do Xacobeo 21. Neste sentido, o responsable de Cultura e Turismo xa solicitou formalmente aos presidentes das catro deputacións provinciais a implicación de todas as administracións nesta tarefa, que supón "unha peza fundamental" da Ruta Xacobea.

Román Rodríguez salientou a necesidade de establecer un marco de colaboración para a mellora integral das catro rutas que transitan pola provincia de Pontevedra. De feito, subliñou o importante crecemento que están rexistrando estes itinerarios e asegurou que rematarán o ano por enriba dos 100.000 peregrinos. Destacou especialmente o impulso do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa, que xa son o segundo e terceiro itinerario máis percorridos, respectivamente.

Descentralización da programación
Ademais de repasar a evolución destes catro Camiños, o responsable de Cultura e Turismo avanzou as liñas mestras do Plan Estratéxico do Xacobeo 21 na provincia. Lembrou que o Ano Santo traerá consigo unha extensa e detallada programación neste territorio que comezará máis dun ano antes de que abra a Porta Santa, o que encaixa coa vontade de levar a cabo unha celebración descentralizada, que se deixe sentir en toda Galicia.

En paralelo, Román Rodríguez repasou as actuacións do seu departamento en Pontevedra a través das distintas liñas de actuación en marcha como o Plan de Albergues, o Plan de Sinalización, o Plan de Mantemento e o Plan de Embelecemento. No eido cultural, puxo en valor as máis de 110 iniciativas levadas a cabo en Pontevedra no marco do programa O teu Xacobeo, cun investimento de 1,6 millóns de euros, ou as iniciativas impulsadas na provincia dentro de proxectos como Cultura no Camiño, Camiños Sonoros ou Vive o Camiño. Por último, o conselleiro destacou as actuacións que se están levando a cabo nalgúns dos Bens de Interese Cultural máis destacados e situados nos itinerarios xacobeos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones