Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA ASINA COAS ELÉCTRICAS UN CONVENIO PARA EVITAR O CORTE DA LUZ POR IMPAGO ÁS FAMILIAS MÁIS VULNERABLES

O Goberno galego farase cargo do pago de dúas mensualidades cun tope máximo de 200 euros, podendo solicitarse a axuda a partir de xaneiro para cubrir os meses de novembro e decembro deste ano

O Goberno galego farase cargo do pago de dúas mensualidades cun tope máximo de 200 euros, podendo solicitarse a axuda a partir de xaneiro para cubrir os meses de novembro e decembro deste ano

Fecha: 15 de Diciembre de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

 

 

A Xunta de Galicia, dentro da defensa que está a realizar dos consumidores máis vulnerables no contexto enerxético actual, vén de asinar coas compañías eléctricas un convenio que ten por obxectivo evitar o corte da luz por impago ás familias con menos recursos. No acto, que estivo presidido polo titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, participaron os representantes das empresas comercializadoras asinantes –Gas Natural Fenosa, EDP, Viesgo, Iberdrola, Endesa e CIDE, en representación das pequenas comercializadoras-, así como o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.

“A Xunta ten posto en marcha un Plan Social contra a Desigualdade Económica no que as familias máis vulnerables son a nosa prioridade e o foco dos nosos esforzos”, salientou Conde. Neste marco, explicou, estase a traballar no eido da pobreza enerxética cun programa pioneiro en España que aspira a que “ningún fogar galego quede sen electricidade por falta de recursos económicos para o pago da factura”.

A este obxectivo responde o convenio asinado hoxe. Un acordo que beneficia a aqueles titulares dun subministro eléctrico con ingresos anuais que non superen o IPREM. Nestes casos, a Xunta farase cargo do pago de dúas mensualidades cun tope máximo de 200 euros. A axuda poderá solicitarse a partir do mes de xaneiro de 2016 de cara a cubrir os meses de novembro e decembro deste ano.

Neste sentido, cando algunha das familias vulnerables estea en risco de sufrir un corte de subministración eléctrica como consecuencia dun impago ou un atraso na factura, activarase un protocolo de urxencia que comeza cunha notificación da comercializadora ao cliente na que lle informa da posibilidade de acceder a esta axuda se os seus ingresos anuais son inferiores ao IPREM.

Así, no momento en que o interesado presente, por vía telemática, a solicitude ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria, esta indicará á compañía que paralice o corte do subministro durante o prazo dun mes, tempo necesario para proceder á resolución da axuda. No caso de concederse a mesma, procederase ao pago á compañía eléctrica. Cómpre salientar que, se o beneficiario non solicitase a axuda producíndose o corte do subministro, este se reanudaría no momento en que se requirise o apoio.

“Esta medida completa ao ticket eléctrico social posto en marcha fai un ano, do que se teñen beneficiado xa preto de 3.000 familias galegas”, indicou Conde. Ademais, nos últimos anos o Inega ten promovido entre a cidadanía distintas actuacións encamiñadas a mellorar a conciencia colectiva sobre a importancia de aforrar enerxía, e apoiar os galegos na implantación deste tipo de medidas e de equipos máis eficientes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones