Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta colabora co embelecemento de dez elementos patrimoniais e vivendas do Baixo Miño para corrixir impactos paisaxísticos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda concedeu axudas por case 40.000? a concellos e particulares de Tui, Oia, A Guarda e Tomiño para apostar pola mellora estética ao abeiro da orde do fermosismo

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda concedeu axudas por case 40.000? a concellos e particulares de Tui, Oia, A Guarda e Tomiño para apostar pola mellora estética ao abeiro da orde do fermosismo

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Enero de 2022

Fuente: Del. Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra

A Xunta de Galicia colaborou coa posta en valor e o embelecemento dunha decena de elementos patrimoniais de titularidade municipal e de vivendas particulares na bisbarra do Baixo Miño. Grazas á orde de axudas para a corrección de impactos paisaxísticos, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, concedéronse un total de 38.252 euros en achegas para dous espazos públicos en Tui e Oia e para oito actuacións en zonas privadas destes dous municipios e tamén da Guarda e Tomiño.

 

Por este motivo, o delegado territorial da Xunta de Galicia, Luis López, e o director do Instituto de Estudos do Territorio, Enrique de Salvador, realizaron esta mañá unha visita a estas actuacións acompañados polos alcaldes de Tui, Enrique Cabaleiro, e de Oia, Cristina Correa, respectivamente.

 

“Dende a Xunta de Galicia estamos a apostar polo fermosismo, pola mellora estética de moitas construcións, casas e elementos patrimoniais da nosa terra”, explicou o delegado; quen engadiu que existen moitos atractivos, pero tamén é necesario corrixir esas pequenas eivas que hai no territorio e facer que a nosa comunidade sexa aínda máis bonita, entendendo dita circunstancia como un valor engadido tanto para a confortabilidade dos galegos como para o goce dos que nos visitan.

 

Na bisbarra do Baixo Miño, o Concello de Tui recibiu unha achega de 10.000 euros da Xunta de Galicia para o acondicionamento da Fonte-Lavadoiro de Chans de Randufe; mentres que o de Oia accedeu a 7.614 euros para o arranxo da emblemática Fonte do Porto ao seu paso polo Camiño Portugués pola Costa.

 

Así mesmo, ata oito particulares desta comarca recibiron unha contía global de 20.600 euros para revestimentos de fachadas, remates de cubertas ou tratamento de paredes medianeiras, como a visitada esta mañá na rúa Canónigo Valiño de Tui polos representantes autonómicos, que tamén supervisaron a mellora de dúas fontes públicas na vila tudense e Oia.

 

Nova convocatoria

Luis López e Enrique de Salvador recordaron que o Instituto de Estudos do Territorio convocou novamente estas axudas, que xa se poden solicitar ata o 21 de febreiro, no caso dos particulares; mentres que os concellos dispoñen dunha semana máis.

 

Novamente, fixouse unha liña para particulares, que inclúe obras de revestimento, fachadas sen rematar, renovación de acabados, remates exteriores e de cubertas e acondicionamento de peches. Os beneficiarios poderán acceder a unha axuda do 70% da actuación, ata un máximo de 3.000 euros.

 

No caso da orde dirixida aos concellos, de ata 20.000 habitantes, poderán acceder a dúas liñas de actuación: aquelas que melloren o exterior dos edificios públicos e, á segunda, para recuperar os equipamentos, como fontes, palcos, lavadoiros ou hórreos, entre outros. Así, os concellos poderán optar a dúas axudas de ata 40.000 euros.

 

Cómpre sinalar que a Xunta de Galicia concedeu, ao abeiro da convocatoria de 2021, preto de 70 achegas para a corrección de impactos paisaxísticos na provincia de Pontevedra, que suman un importe de máis de 250.000 euros. Delas, unha decena outorgáronse a concellos e as 59 restantes a particulares.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí