Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A xunta colabora con 5 asociacións de comerciantes e praceiros do Condado e Baixo Miño no impulso á competitividade do sector

Na comarca do Baixo Miño, veranse beneficiados a asociación de Autónomos, Hosteleiros e Industriais de Tomiño, a asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, a asociación de empresarios da Guarda, e a asociación de Comerciantes Autónomos de Tomiño.

O DOG publica hoxe a resolución dos programas de apoio aos centros comerciais abertos, asociacións de praceiros e federacións, 49 en total na provincia de Pontevedra

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Junio de 2016

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou esta mañá que 49 asociacións de comerciantes e prazas de abastos da provincia contarán con apoio económico da Consellería de Economía e Industria tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, 4 delas na comarca do Baixo Miño e unha na do Condado-Paradanta.

Deste xeito, o DOG publica hoxe as resolucións do programa de apoio ás asociacións de comerciantes para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos e do destinado ás asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal ou federacións.

Na comarca do Baixo Miño, veranse beneficiados a asociación de Autónomos, Hosteleiros e Industriais de Tomiño, a asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, a asociación de empresarios da Guarda, e a asociación de Comerciantes Autónomos de Tomiño. Na comarca do Condado-Paradanta, a asociación de Comerciantes de Ponteareas.

Tal e como explicou Cores Tourís, a través destas axudas, "a Consellería de Economía, Emprego e Industria colabora cun cento de entidades no impulso á competitividade do sector, respaldando máis de 600 accións en toda Galicia co obxectivo de atraer clientela ao comercio de proximidade e mellorar os servizos que se ofrecen aos consumidores".

Estes apoios, que suman 2,5 millóns de euros, permitirán realizar diferentes campañas de dinamización, incoporar sistemas de fidelización ou realizar melloras na sinalización comercial externa, e, no caso das asociacións das prazas de abastos, melloras en instalacións e equipamentos.

Na provincia de Pontevedra, destinaranse 927.957,32 euros ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro e centros comerciais abertos e prazas de abastos, así como 142.743,24 ás asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal ou federacións. Nas comarcas do Condado-Paradanta e Baixo Miño as axudas roldarán os 115.852,11 euros en total.

O impulso ao asociacionismo comercial é unha das prioridades do Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, que destina 70 millóns de euros ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego, con 55 accións específicas articuladas arredor de tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado; impulsar o smart commerce e o comercio electrónico; e potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones