Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta colaborará cos concellos de Oia e O Rosal para mellorar infraestruturas turísticas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que deste xeito recuperarase unha ruta de sendeirismo en Oia e sinalizarase o acceso aos muíños do Folón por estrada no Rosal, instalándose tamén audioguías

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que deste xeito recuperarase unha ruta de sendeirismo en Oia e sinalizarase o acceso aos muíños do Folón por estrada no Rosal, instalándose tamén audioguías

Fecha: 03 de Mayo de 2019

Fuente: Xunta de Galicia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá a colaboración da Consellería de Cultura e Turismo cos concellos de Oia e O Rosal, aos que aportará un total de 27.031 euros para a execución de proxectos de mellora de infraestruturas turísticas destes dous municipios.

A través desta liña de subvencións, segundo explicou o delegado territorial, o concello de Oia levará a cabo un proxecto de sinalización e recuperación do entorno da estatua do "Conde de Cabanelas", cun investimento global de 23.452 euros dos cales 15.244 corresponderán a aportación da Xunta de Galicia.

O Rosal, pola súa banda, sinalizará o acceso aos muíños do Folón por estrada e instalará autoguías. Para este fin, porá en marcha un proxecto cun custo de 18.135 euros, dos cales, 11.788 procederán desta liña de axudas autonómica.

Cultura e Turismo destina así, un total de preto de 660.000 euros para 26 proxectos de outros tantos concellos na provincia de Pontevedra. O obxectivo é fomentar a accesibilidade e sinalización turística nos recursos turísticos no medio rural, dotando a este entorno das infraestruturas e sinalización adecuadas para convertelo nun recurso turístico accesible de acordo cun dos principais obxectivos de Turismo de Galicia que persegue o desenvolvemento do territorio segundo os principios de calidade, accesibilidade e sustentabilidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones