Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta comprométese co sector do taxi

O Goberno galego buscará mecanismos para reforzar o regulamento dos servizos de VTC, ademais de velar por que se cumpra estritamente a normativa

O Goberno galego buscará mecanismos para reforzar o regulamento dos servizos de VTC, ademais de velar por que se cumpra estritamente a normativa

Fecha: 24 de Junio de 2017

Fuente: Xunta de Galicia

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, trasladoulles aos profesionais do taxi que a Xunta está comprometida a traballar conxuntamente con eles para acadar unha convivencia profesional regulada cos servizos de Vehículos de Turismo con Condutor (VTC). A responsable de Infraestruturas mantivo unha reunión cos representantes da Federación de Autónomos do Taxi de Galicia (Fegataxi) na que lles manifestou que se consensuarán as medidas para a regulación de dito sector.

Así mesmo, o Goberno galego comprometeuse á reforzar a busca de mecanismos para regulamentar o servizo de VTC, ademais de velar que se cumpra estritamente a normativa, como que estas empresas teñan oficinas de atención ao público; contar cunha base, na que terán que permanecer ata ter un servizo previamente concertado; e deberán puser o xustificante do traballo que estean a realizar e levalo no vehículo. Así mesmo, terán a obriga de que os condutores se encontren dados de alta na seguridade social e contratados a tempo completo.

Ethel Vázquez indicou que o Executivo autonómico é consciente das 6.000 familias que viven directamente deste sector, e ao tempo, da necesidade de ofrecer plenas garantías aos usuarios dos servizos de transporte en turismo.

A este respecto, informou de que a Xunta non está outorgando ningunha licenza de VTC, salvo as que está obrigada por sentencia xudicial.

A conselleira explicou que desde o seu departamento estase a traballar na mellora do regulamento da Lei do taxi, que se remitirá proximamente ao Consello Consultivo, e que se prevé que entre en vigor este mesmo ano.

Ese regulamento suporá a creación dun rexistro público de licencias de taxis e de vehículos de turismo con condutor para facilitar a inspección e ofrecer maiores garantías aos usuarios.

Tamén acordouse estudar a fórmula para que todas as autorizacións de Vehículos de Turismo con Condutor en Galicia teñan que estar identificadas con un distintivo propio, que evite fraudes, intrusismo e a competencia desleal.

Na mesma liña de avanzar no diálogo co sector do taxi e de mellorar o vínculo coa Administración, acordouse reforzar o control e inspección de infraccións e mellorar o sistema de interlocución directa.

Por parte da Federación trasladáronse á Xunta solicitudes de actuación a través de medidas de competencia estatal que a Consellería de Infraestruturas se comprometeu a presentar ante o Ministerio de Fomento.

Así mesmo, tratouse o problema do exceso de licenzas de taxi de acordo ao establecido pola Lei 4/2013, buscando a involucración de todas as administracións públicas nun plan de amortización das mesmas.

Pola súa banda, a Federación de profesionais reiterou o seu apoio ao novo Plan de transporte público, que prevé a utilización de taxis para garantir os servizos de maneira eficiente en determinadas zonas do rural.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones