Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA CONVOCA AXUDAS Á REHABILITACIÓN E CONSERVACIÓN DE VIVENDAS POR IMPORTE DE 6,5 MILLÓNS DE EUROS

Tamén se inclúen as vivendas no Camiño Portugués desde Tui a Santiago de Compostela

O Goberno galego tamén publica hoxe no DOG a apertura do prazo para solicitar as axudas de rehabilitación para vivendas ubicadas nos Camiños de Santiago, ás que dota dun orzamento total de 3,2 millóns de euros

Fecha: 05 de Abril de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) ordes de axudas en materia de rehabilitación de inmobles nos Camiños de Santiago e de edificios de vivendas, así como para a obtención de informes de avaliación para edificios por un valor que suma preto de 6,5 millóns de euros.

A Xunta publica hoxe no DOG a apertura do prazo para solicitar as axudas de rehabilitación para vivendas ubicadas nos Camiños de Santiago. A Resolución publicada hoxe abre o prazo para a solicitude das axudas, que se poderán presentar ata o 30 de novembro de 2016. O Goberno galego destinará este ano 2,7 millóns de euros a estas subvencións, aos que se unirán outros 500.000 euros para rehabilitación de infravivendas no mesmo ámbito, polo que a dotación total da ARI será en 2016 de 3,2 millóns de euros. No seguinte enlace pódese consultar información sobre esta orde: http://goo.gl/ElscWn

O importe das axudas será do 35 % do custe subvencionable da actuación e cun importe máximo de 11.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación.

Poderán solicitar as axudas de rehabilitación da ARI dos Camiños de Santiago as comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean en posesión da correspondente cualificación definitiva. As vivendas obxecto das axudas estarán emprazadas na ARI dos Camiños de Santiago e as actuacións de rehabilitación realizadas corresponderán ás establecidas na normativa que rexe a mesma (Máis información http://goo.gl/048jkS).

Cómpre lembrar que a Área de Rehabilitación do Camiño de Santiago foi declarada no ano 2010 e comprende o trazado das sete rutas do Camiño en Galicia:

  • Francés. Desde Pedrafita do Cebreiro ata Santiago de Compostela
  • Da Prata I. Desde A Mezquita ou Verín ata Ourense
  • Da Prata II. Desde Ourense ata Santiago de Compostela
  • Inglés. Desde Ferrol ou A Coruña, xuntándose en Mesía ata Santiago de Compostela
  • Primitivo. Desde A Fonsagrada ata Melide que conecta co Camiño Francés
  • Norte. Desde Ribadeo ata Arzúa que conecta co Camiño Francés
  • Fisterra-Muxía. Desde Santiago de Compostela ata Fisterra con desvío Muxía
  • Portugués. Desde Tui a Santiago de Compostela

Mantemento de edificios residenciais

A Xunta de Galicia tamén destinará máis de 2,7 millóns de euros a subvencións para a rehabilitación de edificios de vivendas dentro do programa de rehabilitación edificatoria do plan de alugueiro e rehabilitación 2013-2016, tal como establece a orde que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia e pola que se convocan para 2016. http://goo.gl/GXN6lI

Os beneficiarios destas axudas son as comunidades de propietarios e as agrupacións de comunidades de propietarios, así como as persoas físicas que sexan propietarias únicas dun edificio de carácter residencial. Os interesados disporán de dous meses para presentar as solicitudes.

Estas subvencións están destinadas a cubrir parte dos gastos da realización de actuacións de rehabilitación, consistentes na execución de obras de mantemento e intervención nas instalacións fixas e equipamento propio, nos elementos e espazos comúns, en edificios de tipoloxía residencial colectiva que cumpran os requisitos establecidos no plan de alugueiro e rehabilitación:

a) Estar finalizados antes de 1981.
b) Polo lo menos o 70 % da súa superficie construída sobre rasante teña uso residencial.
c) Polo menos o 70 % das vivendas constitúan o domicilio habitual das persoas propietarias ou arrendatarias.

A contía máxima das subvencións a conceder por edificio non poderá superar o importe de 11.000 euros por cada vivenda e a mesma contía por cada 100 metros cadrados de superficie útil de local. Dita contía será de 12.100 euros cando se trate de edificios declarados bens de interese cultural, catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente. Ao mesmo tempo, a axuda máxima non poderá ser superior ao 35 % do importe total da actuación, excepto no caso de actuacións de mellora da accesibilidade, no que poderá chegar ao 50 %.

Informe de avaliación de edificios
O Diario Oficial de Galicia tamén recolle hoxe outra orde de subvencións pola que a Xunta de Galicia destinará este ano 600.000 euros a axudas a propietarios de vivendas para a obtención do informe de avaliación dos edificios. Neste enlace, pódese consultar a publicación de hoxe: http://goo.gl/y8shnD

O informe de avaliación dos edificios foi regulado pola Lei 8/2013, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas, e inclúe información sobre o estado de conservación do edificio, a determinación de se o mesmo é susceptible ou non de incorporar axustes razoables en materia de accesibilidade e a certificación de eficiencia enerxética. Dispoñer deste informe é requisito imprescindible para acceder ás axudas públicas destinadas á rehabilitación dos edificios.

Os beneficiarios destas axudas son as comunidades de propietarios e persoas físicas propietarias únicas de edificios residenciais, que conten co informe de avaliación do edificio antes de que finalice o prazo de solicitude das axudas, que é de catro meses.

As axudas establecidas nesta orde van dirixidas a sufragar unha parte dos honorarios profesionais derivados da emisión dun informe de avaliación dos edificios que inclúa a análise das condicións de accesibilidade, eficiencia enerxética e do seu estado de conservación.

O orzamento previsto para 2016 permitirá beneficiar a un mínimo de 1.200 comunidades de propietarios ou agrupacións das mesmas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones