Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta defenderá no grupo de traballo a súa proposta para mellorar o mapa de emerxencias en Galicia

A Administración autonómica ten previstas varias vías para reducir aínda máis os tempos de resposta e eliminar as zonas de sombra.

A Administración autonómica ten previstas varias vías para reducir aínda máis os tempos de resposta e eliminar as zonas de sombra.

Fecha: 19 de Diciembre de 2017

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia defenderá no Grupo de Traballo para a xestión das emerxencias, que se reúne este martes, a súa proposta para mellorar o mapa de emerxencias en toda Galicia. A Administración autonómica ten previstas varias vías para reducir aínda máis os tempos de resposta e eliminar as zonas de sombra.

Por un lado, a comarcalización dos parques de bombeiros das grandes cidades, co que se pretende conseguir un sistema profesional máis racional fronte ás emerxencias que se puideran producir nos concellos beneficiados pola medida. Os tempos de resposta situaríanse neses municipios en torno aos 20 minutos e os medios que actuarían sería sempre os mais próximos ao lugar onde se produce a emerxencia.

Ademais da comarcalización dos parques de bombeiros das grandes cidades, para mellorar os tempos de resposta e eliminar as zonas de sombra que aínda quedarían activas, está prevista a creación de novos servizos, na maior parte dos casos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), cunha dimensión adecuada tendo en conta cada caso específico

Estas propostas xa foron avanzadas na última reunión do grupo de traballo polas emerxencias e foron remitidas aos seus membros para analizalas polo miúdo na xuntanza que terá lugar mañá martes. Para poder materializalas será necesario que as deputacións provinciais, que, segundo a Lei de emerxencias, son as administración competentes para prestar servizo aos concellos de menos de 20.000 afectados, colaboren activamente no financiamento.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones