Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA DESTINA 250.000 EUROS A AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES POR PARTES DAS ANPAS GALEGAS

As actividades estarán dirixidas ao alumnado de educación infantil, primaria e educación especial e ter como fin contribuír á conciliación da vida familiar e laboral

As actividades estarán dirixidas ao alumnado de educación infantil, primaria e educación especial e ter como fin contribuír á conciliación da vida familiar e laboral

Fecha: 14 de Enero de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

O Diario Oficial de Galicia acaba de publicar unha resolución pola que se convocan para o 2015, en réxime de concorrencia competitiva, axudas para as asociacións de nais e pais de alumnos/as dos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade, para a realización de programas de actividades extraescolares e complementarias.

Estas actividades deben estar dirixidas ao alumnado de educación infantil, primaria e de centros de educación especial e ter como fin contribuír á conciliación da vida familiar e laboral, durante o curso escolar 2014-2015.

Esta liña de axudas achegará 250.000 euros, cofinanciados con fondos do Fondo Social Europeo. Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións de nais e pais de alumnos/as dos centros educativos sostidos con fondos públicos que, con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes, estean legalmente constituídas e inscritas no censo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Os programas de actividades extraescolares que se poderán subvencionar deberán cumprir os seguintes requisitos: contribuír ao desenvolvemento integral do alumnado, reforzando os valores igualitarios, libres de prexuízos e de estereotipos sexistas así como a concienciación contra a violencia de xénero; levarse a cabo – na medida do posible- nas dependencias do centro e fóra do horario lectivo, de luns a venres ao longo do curso escolar, e en horario continuado.

Unha das singularidade da convocatoria para este curso escolar é que se priman aqueles programas que contemplen de xeito específico a realización de actividades ou accións de sensibilización dirixidas a promover a Igualdade e a prevención da violencia de xénero. A contía das axudas poderá acadar ata un máximo de 6.000 € por entidade

Así mesmo, as actividades que formen parte dos programa deberán centrarse en aspectos lúdicos, artísticos, culturais, tecnolóxicos e/ou deportivos; e cada actividade se dirixirá obrigatoriamente a un mínimo de 10 alumnas/os, agás naqueles casos debidamente xustificados, nos que polas características do contexto ou do centro docente, sexa imposible acadar o mínimo establecido.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. O prazo de presentación de solicitudes comeza o 14 de xaneiro e finaliza o 20 de febreiro de 2015.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones