Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta destina 900.000 euros a impulsar a competitividade e a calidade das prazas de abastos galegas

Como novidade, as asociacións e cooperativas dos mercados poderán obter apoios para a realización de melloras nas instalacións

Como novidade, as asociacións e cooperativas dos mercados poderán obter apoios para a realización de melloras nas instalacións

Fecha: 24 de Abril de 2017

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta destina 900.000 euros a impulsar a competitividade e a calidade das prazas de abastos galegas a través dunha nova convocatoria de axudas que se prevé publicar a vindeira semana no DOG para impulsar a excelencia dos mercados e a posta en marcha de novos servizos para os clientes da que se poden beneficiar tanto os concellos como as asociacións e cooperativas de praceiros.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte á publicación da convocatoria. Por unha banda, os concellos poden obter axudas de ata 60.000 euros e un 70% do investimento, dependendo do estado do mercado, para a realización de melloras nas instalacións das prazas de abastos e a posta en marcha de novos servizos para os clientes. Entre as actuacións apoiadas atópanse, ademais do acondicionamento do edificio, a posta en marcha de novos sistemas de comercialización on line, e aspectos relacionados coa loxística e a presentación do produto. Os municipios tamén poden solicitar axudas de ata 20.000 euros e o 50% do investimento a realizar para a adecuación dos espazos onde se celebran os mercados tradicionais e ambulantes, referentes na venda dos produtos locais e tradicionais de calidade.

Como novidade, este ano as asociacións e cooperativas de praceiros poderán solicitar tamén axudas para a adecuación das instalacións, e melloras no interiorismo e imaxe, a exposición do produto ou os sistemas de comercialización. Neste caso, as axudas poderán chegar ata os 40.000 euros e alcanzarán o 50% do investimento.

No caso das asociacións e cooperativas situadas en concellos polos que pasa o Camiño de Santiago poderán un ano máis solicitar os apoios para a creación de lotes de produtos con empaquetado específico no marco da iniciativa Mercados no Camiño, que busca así aproveitar as sinerxías entre turismo e comercio nas localidades polas que discorren as rutas xacobeas.

Estas actuacións apoiadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria irán acompañadas da realización de iniciativas dirixidas ao mentoring comercial para os praceiros, co obxectivo de aumentar a rendibilidade do punto de venda mediante técnicas de visual merchandising, a colocación do produto ou a atención ao cliente.

O programa, do que o ano pasado na súa primeira edición se beneficiaron un total de 31 concellos e 14 asociacións de praceiros, enmárcase no Plan de Mercados Excelentes de Galicia 2016-2020, que recolle 20 actuacións específicas que permiten potenciar estas infraestruturas comerciais como espazos de emprendemento e de dinamización económica, adaptados aos novos hábitos dos consumidores e vinculados ao territorio.

Dentro dese plan, este ano xa se puxeron en marcha as axudas ás asociacións de comerciantes para a dinamización dos centros comerciais abertos e as prazas de abastos, dotadas con dous millóns de euros, e o programa de Espazos activos de emprendemento comercial no rural, cun orzamento de 600.000 euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones