Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta destina case 315.000 euros a oito empresas do Baixo Miño para a mellora da súa eficiencia enerxética

Os apoios estarán dirixidos á realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e plans de aforro e eficiencia

Os apoios estarán dirixidos á realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e plans de aforro e eficiencia

Fecha: 16 de Diciembre de 2017

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, apoiará a eficiencia enerxética en oito empresas situadas nos concellos de Tui, O Rosal, A Guarda e Tomiño, cunha axuda que rolda os 315.000 euros.

O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) vén de resolver a convocatoria de axudas para a realización de auditorías, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industrial e hoteleiro para os anos 2017 e 2018.

En total, en Galicia permitirá a realización de 205 actuacións cun investimento do Goberno galego de 8,1 millóns de euros. En concreto, serán 177 proxectos de aforro e eficiencia na industria e servizos enerxéticos, 20 en hoteis, 7 auditorías e un sistema de xestión. Na provincia de Pontevedra serán 75 empresas que realizarán un investimento total de 8,2 millóns dos que a Xunta aportará 3,2.

Grazas a esta liña de axudas realizaranse instalacións fotovoltaicas para autoconsumo nas empresas e impulsarase a implantación de proxectos novidosos, como plantas de valorización de residuos orgánicos para a xeración de biogás para aproveitamento térmico.

En concreto, na comarca do Baixo Miño, porán en marcha proxectos deste tipo nunha empresa de fabricación de taboleiros de granito en Tui, así como unha metalúrxica e outra dedicada ao mármore na Guarda e unha fábrica de corte de granito de Tomiño. No Rosal beneficiaranse unha consultoría enerxética integral especializada en autoconsumo enerxético, duas adegas e unha fábrica de depósitos, acumuladores e sistemas de auga quente sanitaria.

A posta en marcha destas iniciativas permitirá a creación, en toda Galicia, de máis de 300 empregos, entre directos e indirectos, e a mobilización de 42 millóns de euros. Ademais, grazas á súa implantación as empresas beneficiarias terán aforros enerxéticos de 90.000 MWh/ano e económicos de 7 millóns de euros, favorecendo unha redución de emisións de CO2 equivalente á acción de 1,2 millóns de árbores.

Polo tanto, estes apoios posibilitan a mellora da competitividade empresarial grazas á redución das súas facturas enerxéticas; axudan a avanzar nas políticas de protección do medio ambiente mediante o aforro e a eficiencia enerxética de cara a cumprir os obxectivos fixados pola Unión Europea; e impulsan a creación de emprego.

Desde a primeira convocatoria desta liña de apoios, no ano 2013, o Goberno galego leva impulsado 938 proxectos con axudas por valor de 24 millóns de euros e unha redución de emisións de CO2 equivalente á acción de 2,8 millóns de árbores.

Este programa responde ao compromiso da Xunta de impulsar políticas que permitan introducir en todos os eidos da sociedade unha cultura do aforro e eficiencia enerxética e un maior uso das fontes de enerxía renovables. Froito deste compromiso son, tamén, as axudas para a implantación de proxectos de instalación de bombas de calor ou solares térmicas que nos dous últimos anos permitiron levar a cabo más de 500 proxectos por parte de particulares, pemes e administracións galegas; os novos apoios dirixidos ás empresas de produción agrícola primaria que posibilitaron o desenvolvemento de 79 actuacións ou o Plan Vivenda que este ano superou os 9 millóns de euros de investimento para contar con fogares máis eficientes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones