Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA DISTRIBUIRÁ AOS APICULTORES DAS ZONAS MÁIS AFECTADAS POLA VESPA VELUTINA TRAMPAS E LÍQUIDO ATRAÍNTE

Manterase o operativo de trampeo de vixilancia e o trampeo selectivo, así como a retirada de niños detectados

Manterase o operativo de trampeo de vixilancia e o trampeo selectivo, así como a retirada de niños detectados

Fecha: 20 de Enero de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería do Medio Rural e do Mar distribuirá aos apicultores das zonas máis afectadas pola Vespa velutina trampas e líquido atraínte, co obxecto de que as coloquen nas proximidades das súas colmeas e recollan o maior número posible de raíñas desta especie invasora.

Así se decidiu esta tarde na xuntanza que mantiveron a directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, o vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alfonso Villares, e membros da Asociación Galega de Apicultura, da Asociación Provincial Lucense de Apicultores e da Agrupación Apícola de Galicia.

Ao longo deste ano 2015, o departamento que dirixe Rosa Quintana continuará a desenvolver o Plan de vixilancia e control da Vespa velutina desenvolto ao longo do 2014. Manterase o operativo de trampeo de vixilancia e o trampeo selectivo, así como a retirada de niños detectados. Ademais, durante este ano, a Consellería colaborará cos apicultores para realizar trampeo en primavera para a captura precoz de raíñas. Inicialmente distribuiranse trampas a todos os apicultores dos concellos onde foron detectados máis de cinco niños, repartíndose as trampas sobrantes a apicultores dos restantes concellos onde se comprobou a presenza de máis de 2 niños.

Neste senso, a colocación de trampas para a captura de raíñas pode ser importante na loita fronte a esta especie invasora, xa que cada raíña “fundadora” capturada significará que haberá un niño menos no entorno. As novas raíñas nadas no outono de 2014 comezan a construír o seu niño a finais de febreiro e inicio de marzo, para a continuación realizar a primeira posta de ovos. A finais de maio e primeiros días de xuño nacen as primeiras vespas obreiras, ocupándose estas dende este momento de realizar todos os labores necesarios para o desenvolvemento da colonia. Por iso, é preciso aproveitar o período no que as raíñas se mostren activas no exterior para proceder á súa captura, é dicir, durante os meses de febreiro, marzo e abril.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones