Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA DOTARÁ A 29 CONCELLOS DA DELEGACIÓN DE PONTEVEDRA DUN NOVO EQUIPAMENTO DE PROTECCIÓN CIVIL PARA AS SÚAS AGRUPACIÓNS DE VOLUNTARIOS E GRUPOS DE EMERXENCIA SUPRAMUNICIPAL

Menor e Cores Tourís entregaron 6 detectores de gases tóxicos e aos responsables dos GES deste área

O director xeral de Emerxencias e Interior subliñou a importancia que teñen os voluntarios de protección civil na Comunidade Autónoma.

Fecha: 31 de Marzo de 2015

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

A Vicepresidencia da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, destinará máis de 713.000 euros a renovar o equipamento das agrupacións de voluntarios de Protección Civil dependentes dos concellos da área da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra para a súa utilización en programas de prevención de riscos e primeiras intervencións en emerxencias.

Así o anunciaron o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, nunha rolda de prensa ofrecida para dar conta deste investimento, que en toda Galicia superará os 4,5 millóns de euros, cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento (FEDER).

Na súa intervención, Menor destacou o esforzo inversor do Goberno galego para dotar ás agrupacións de Voluntarios de Protección Civil dos recursos e material necesario para desenvolver o seu labor, mellorando a prestación do seu servizo á cidadanía. Así, explicou que os responsables deste departamento autonómico mantiveron reunións coas asociacións provinciais de voluntarios para coñecer, de primeira man, as súas necesidades máis prioritarias e acordar un sistema de reparto axeitado, polo que se tratará de atender practicamente todas as peticións.

En total, 154 concellos de Galicia recibirán algún tipo de material que se distribúe da seguinte maneira: 42 vehículos todo terreo tipo pick-up, 41 vehículos furgóns para transporte e loxística, 40 remolques para a atención ás emerxencias, 16 embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate, 33 esparexedores de sal, e 20 remolques con carpa presurizadas para Posto de Mando Avanzado. Polo que se refire á área da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, foron 29 os concellos que presentaron solicitudes para optar a este equipamento.

EQUIPAMENTO

Nº ELEMENTOS

TOTAL ORZAMENTO

Pick-up

8

                

Furgons

5

                 

Remolques emerxencia

5

                

Embarcacións

4

                  

Esparexedores sal

3

                

Carpas posto Mando Avanzado

4

                  

29

61

             713.284,00

O director xeral de Emerxencias e Interior subliñou a importancia que teñen os voluntarios de protección civil na Comunidade Autónoma. "As características orográficas e a distribución poboacional de Galicia fai que as agrupacións destes voluntarios teñan un papel destacado na atención das emerxencias, en funcións de primeira atención e apoio á labor que desempeñan os corpos profesionais de emerxencias", indicou Luis Menor.

Ademais da adquisición de material para as agrupacións de Protección Civil, o departamento autonómico tamén levou a cabo a compra de novo equipamento para os Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) creados hai dous anos. Trátase de 31 detectores de gases tóxicos e atmosferas explosivas que poidan xerarse no transcurso dunha emerxencia. Á provincia de Ourense correspondéronlle 6 detectores e o director xeral de Emerxencias e Interior fixo hoxe a súa entrega aos responsables dos GES que existen nesta área territorial: Baixo Miño, Ponteareas, Caldas-Cuntis, Tabeirós-Terra de Montes, Deza e Sanxenxo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones