Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

A XUNTA DOTARÁ AS AGRUPACIÓNS DE PROTECCIÓN CIVIL DE TODOTERREOS, FURGÓNS, REMOLQUES E EMBARCACIÓNS DE SALVAMENTO

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda mantivo hoxe unha reunión cos representantes das Asociacións de Voluntarios de Protección Civil, na sede da Agasp

As axudas de máis de 4,5 millóns de euros permitirán dotar ás Agrupacións dos medios materiais necesarios para ofrecer un mellor servizo

Fecha: 17 de Enero de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

 

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe unha nova liña de axudas para as Asociacións de Voluntarios de Protección Civil, cun importe de máis de 4,5 millóns de euros, que permitirá dotar ás Agrupacións dos medios materiais necesarios para ofrecer un mellor servizo.

Alfonso Rueda mantivo hoxe unha reunión cos responsables provinciais das Agrupacións de Protección Civil, onde lles deu a coñecer a orde de axudas que a Xunta convoca este ano e á que xa poden presentarse os concellos galegos, e que beneficiará aos máis de 10.000 voluntarios e aos cidadáns dos seus concellos.

O Goberno galego mantivo reunións e contactos previos cos representantes das Agrupación para poder coñecer o que precisaban e así saber onde era máis necesario investir este importante orzamento, que supera os 4,5 millóns de euros, e que comprende 40 pick ups, 40 furgóns, 40 remolques de emerxencias, 16 embarcacións de salvamento, 30 esparexedores de sal e 20 remolques con carpas presurizadas para Postos de Mando Avanzados.

Grazas a esta convocatoria de axudas, os concellos de menos de 50.000 habitantes estarán mellor dotalos de medios para cubrir as súas necesidades, e terán o mellor equipamento para emerxencias.

Os membros de Protección Civil complementan e reforzan a rede profesional de xestión e atención ás emerxencias e contribúen co seu esforzo desinteresado a ofrecer o mellor servizo aos cidadáns, no chanzo máis próximo a eles, dende os concellos. Así, grazas aos bombeiros municipais, comarcais, GES, centro de atención ás Emerxencias 112, corpos e forzas de seguridade, e 061, entre outros, a comunidade galega ten unha unha auténtica malla de resposta profesional ante as posibles emerxencias que cubre o territorio galego buscando a maior eficacia e eficiencia.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí