Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta elixe Tomiño para pechar o programa 21 días co galego e + no que participaron catro institutos de secundaria de Galicia

O acto contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística e do presidente da Real Academia Galega

O acto contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística e do presidente da Real Academia Galega

Fecha: 06 de Febrero de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

A Secretaría Xeral de Política Lingüística escolleu Tomiño para pechar a campaña "21 días co galego e +", un programa impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo, que ten como finalidade promover o uso do galego oral entre a xente nova, e no que participaron so catro institutos de ensino secundario de Galicia, entre eles, o de Tomiño.

O acto celebrouse na tarde de onte e contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes; a coordinadora do programa, Pilar Ponte; o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares; a alcaldesa de Tomiño, Sandra González; Margarita Sanz e Iria Muñoz, directora e alumna do IES Antón Alonso Ríos. Asemade, asistiron alumnado e profesorado do IES tomiñés dos cursos participantes e membros das Anpas e da comunidade educativa da provincia e da vila.

A cantante tomiñesa Andrea Pousa interpretou varias cancións ao final do acto, acompañada por varios músicos.

 

O presidente da RAG explicou na súa intervención, que o instituto de Tomiño era, na súa opinión, o lugar ideal para pechar a campaña, por tratarse dun centro situado no rural, "con conciencia do seu, sen complexos e que aposta e cre no futuro. Un instituto coma este representa para min o que me gustaría que fose o noso País", asegurou.

 

A alcaldesa de Tomiño, pola súa banda, agradeceu a presenza de todos os asistentes ao acto e participantes, asegurando que "é un orgullo que o IES Antón Alonso Ríos se converta no mellor embaixador da defensa da lingua galega", lembrando a figura de Alonso Ríos nesta mesma liña e cualificando de xenial unha frase deste persoeiro, "Ningún galego é malo, só aquel que non se fala", recollida nun dos vídeos realizados polo alumnado tomiñés, que superou, por certo, as 18.000 visitas en internet (https://www.facebook.com/iesantonalonsorios ).

 

O secretario xeral de Política Lingüística explicou que o programa busca que os adolescentes falen máis o galego e perfeccionen o seu uso dentro e fóra dos centros educativos, pero tamén que analicen a súa relación coas linguas que coñecen, sendo conscientes da riqueza que significa poder falar varias linguas.

A iniciativa ten a súa orixe en 21 días co galego, unha experiencia didáctica que botou a andar no IES da Pobra do Caramiñal no ano 2013, da man da profesora Pilar Ponte. Desde entón, desenvolvéronse cinco edicións máis deste proxecto que mesmo chegou a recibir en 2015 un premio de innovación en dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Agora, a Secretaría quixo dar un paso máis con esta experiencia e exportala a outros centros educativos. Para iso, puxo en marcha o programa 21 días co galego e + en catro institutos de Galicia:

  • O IES Pontepedriña de Santiago de Compostela
  • O IES Antón Alonso Ríos de Tomiño
  • O IES Otero Pedrayo de Ourense
  • O IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos
  •  

Nesta edición participan 95 docentes e 1.316 alumnas e alumnos da ESO, de bacharelato e de FP con idades comprendidas entre os 2 e os 18 anos. Estes comprometéronse a falar soamente en galego as 24 horas do día durante as 21 xornadas; e así o fixeron entre o 14 de xaneiro até o 3 de febreiro de 2019.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones