Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta entrega a Protección Civil de Tomiño un novo desfibrilador para velar pola seguridade da cidadanía

O municipio xa dispón doutros tres aparatos situados nos campos de fútbol da Carballa, o Alivio e Goián

O municipio xa dispón doutros tres aparatos situados nos campos de fútbol da Carballa, o Alivio e Goián

Fecha: 15 de Febrero de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño conta dende este mércores cun novo desfibrilador, que nesta ocasión será empregado polos voluntarios e voluntarias de Protección Civil da localidade. Este novo aparato súmase aos tres desfibriladores cos que xa conta a vila, que están situados nos campos de fútbol da Carballa, do Alivio e de Goián e cos que se buscaba dotar a estas dependencias polas que pasa un gran número de persoas do material indispensable para atender calquera incidencia.

Dende o concello considerábase fundamental que o servizo de Protección Civil contara cun desfibrilador portátil que se poida empregar nos distintos eventos nos que colabora, xa que empregando este aparello nos 10 minutos posteriores ao inicio dunha parada cardio-respiratoria as posibilidades de supervivencia do paciente aumentan ata un 70%.

Formación
Membros de Protección Civil de Tomiño acudiron á Academia Galega de Seguridade Pública, Agasp, da Estrada para recoller o desfibrilador e recibir a formación e acreditación do persoal para o seu correcto uso. O aparato entra dentro dos outros 157 desfibriladores que a Xunta de Galicia entregou este mércores aos corpos de bombeiros comarcais, GES e Protección Civil no marco da aposta do goberno autonómico por dotar os corpos de emerxencias dos concellos galegos cos mellores equipos para unha rápida resposta ante posibles sucesos.

Tras a aprobación do Decreto 38/2017 polo que se regula a instalación e o uso de desfibriladores externos fóra do ámbito sanitario, a Xunta implantou en Galicia un total de 2.161 desfibriladores e certificou a 17.750 persoas en soporte vital básico e uso de DESA. Na actualidade, 24.000 persoas morren cada ano en España a causa dunha parada cardio-respiratoria.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones