Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta financia a mellora de servizos de augas en 24 comunidades de usuarios de Tomiño e concede 94.000 euros máis para este ano

? A Vicepresidencia primeira vén de aprobar novas axudas para as entidades veciñais de Forcadela, Pinzás, Goián, Vilachán, Amorín, Vilameán e Carballal-Fixos

? A Vicepresidencia primeira vén de aprobar novas axudas para as entidades veciñais de Forcadela, Pinzás, Goián, Vilachán, Amorín, Vilameán e Carballal-Fixos

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Agosto de 2021

Fuente: Del. Terr. Xunta en Pontevedra

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia primeira e da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, financiou no último lustro a mellora de infraestruturas e servizos de augas de 24 comunidades de usuarios do municipio de Tomiño con achegas por riba do millón de euros e vai continuar nesta liña de colaboración posto que vén de conceder sete axudas máis para este ano cunha contía de 94.000 euros.

 

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, anunciaron esta mañá estas novas contribucións do Goberno galego para a modernización das traídas veciñais deste municipio nunha visita realizada ás melloras financiadas, ao abeiro das convocatorias do pasado ano, nas comunidades de Sobrada, Tomiño, Goián e Estás.

 

Durante o percorrido estiveron acompañados pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o presidente da Asociación de Traídas de Augas de Pontevedra (Coxapo), Juan Joaquín Posa, e representantes municipais e das comunidades beneficiarias.

 

“Só nos últimos cinco anos concedemos 46 axudas a 24 entidades de augas de Tomiño a través do Plan de Acción Comunitaria por máis de 550.000 euros no marco do noso compromiso de colaboración coa cidadania e imos seguir nesta liña para garantir e mellorar os servizos públicos, polo que xa están aprobadas sete achegas máis para as subministracións de auga veciñais deste concello”, detallou a directora xeral.

 

Neste senso, e ao abeiro da orde de axudas veciñais correspondente a 2021, a Xunta de vai destinar 94.000 euros a comunidades de usuarios de Tomiño coa seguinte distribución: Forcadela (15.988), Pinzás (17.000), Goián (11.905), Vilachán (13.421), Amorín (12.000), Vilameán (12.000) e Carballal-Fixos (12.000). Ademais, a contía podería incrementarse nas vindeiras semanas coa liña de axudas, coas mesmas características, promovida por Augas de Galicia, organismo dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

 

“A Xunta, a través das distintas ordes e canles de colaboración, está a apoiar numerosas accións de mellora do abastecemento e do saneamento malia tratarse dunha competencia municipal, pero cremos que as galegas e os galegos teñen que contar cuns servizos de primeiro nivel e ademais débeselle garantir a subministración de auga potable, especialmente no caso de servizos veciñais e ante o impacto global que está a ter a seca nos últimos anos”, especificou o delegado territorial, que explicou que a maioria das 36 asociacións de traídas de Tomiño tense beneficiado destas contribucións, orientadas a garantir o abastecemento coa construción e mellora de depósitos, renovación de tubaxes, potabilización, reformas da rede e outras obras.

 

Cómpre sinalar que, só o pasado ano, o Goberno galego concedeu unha vintena de achegas para a modernización das infraestruturas de augas no municipio de Tomiño por importe de 228.000 euros. As mesmas beneficiaron ás comunidades de Norte Salgosa, Estás, Mosteiro, Cimadevila, Goián, Sobrada, Carballal e Figueiro, no caso da orde da Vicepresidencia primeira, e Pazo-Barrantes, Carballal-Fixos, Luneda Sardiñeda, Fonteliña, Solvado, Forcadela, O Barro-Regidouro-Lameira, Samuelle, Pinzás, Estás, Bouzón-Piñeiro e Vilameán, no caso das achegas da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí