Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta financia catro iniciativas locais destinadas á xuventude na Comarca do Baixo Miño

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que Oia, Tomiño, O Rosal e A Guarda recibirán 24.000 euros para este fin

En total, a Consellería de Política Social destinará 500.000 euros a 82 iniciativas en toda Galicia

Fecha: 04 de Junio de 2019

Fuente: Del. Pontevedra - Xunta de Gal

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou hoxe que a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, destinará 24.000 euros a catro concellos da comarca do Baixo Miño coa finalidade poñer en marcha programas dedicados á mocidade durante o ano 2019.

Nesta comarca víronse beneficiados tódolos concellos, con 6.000 euros cada un: Tomiño, Oia, A Guarda e O Rosal.

Estas axudas teñen como obxectivo fomentar a realización de actividades de educación non formal e a participación xuvenil no ámbito local, en especial, proxectos relacionados co emprendemento e a empregabilidade dos mozos e mozas, a promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco entre a poboación xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación, a dinamización da información, o fomento de actitudes creativas e da inclusión social e laboral, a dinamización da lingua galega e do empoderamento das mulleres, a conservación do medio rural e a creación de espazos para a comunicación.

Cores Tourís engadiu que a administración autonómica ten como prioridade lograr unha verdadeira participación da mocidade nos diferentes ámbitos da sociedade actual, para o que é fundamental impulsar actuacións e apoiar os proxectos que desenvolvan as entidades locais e que vaian dirixidos a facilitar a participación da mocidade en actividades de educación non formal, tendo en conta as competencias e aptitudes que derivan desta, sobre todo de cara a mellorar a empregabilidade da mocidade galega. Neste ámbito enmárcase esta nova orde de axudas, dirixida a impulsar proxectos promovidos polas entidades locais no ámbito da educación non formal e que teñan como beneficiarias directas as persoas mozas.

Tal e como explicou o delegado territorial, en relación á comunidade autónoma, o total destas axudas ascendeu a 500.000 euros, da cales 78 corresponden a solicitudes individuais e 4 a conxuntas. En concreto, as que son de carácter colectivo corresponden á iniciativa de Vedra, Boqueixón e Vila de Cruces, cunha subvención de 22.000 euros; a de Cerdedo-Cotobade, cun importe de 15.000 euros; a dos concellos de Mesías e Frades, co mesmo saldo; e ao programa de O Vicedo e Mañón, con 14.000 euros.

En canto ás solicitudes individuais subvencionadas, 26 corresponden a concellos da provincias da Coruña; 23 a municipios pontevedreses; 18 a concellos da provincia de Ourense; e 11 a concellos de Lugo. O importe que recibirá cada un destes municipios, dependerá da puntuación obtida segundo a orde. Así mesmo, a contía de maior cantidade será de 6.000 euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí