Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta fomenta o emprego no rural coa contratación de 3 persoas desempregadas nos concellos da comarca do Baixo Miño

Na provincia de Pontevedra beneficiáronse 41 concellos, 13 deles emprendedores, con case 940.786 euros que permitirán a contratación de 70 traballadores

O programa forma parte da Axenda 20 coa que o Goberno autonómico está a impulsar en Galicia o emprego estable e de calidade.

Fecha: 12 de Abril de 2019

Fuente: Del. Pontevedra - Xunta de Gal

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou hoxe que a Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de resolver a convocatoria do programa Aprol Rural para este ano 2019, da que se beneficiarán 3 persoas desempregadas de 3 municipios da comarca do Baixo Miño.

Na provincia de Pontevedra beneficiáronse 41 concellos, 13 deles emprendedores, con 940.786 euros que permitirán a contratación de 70 traballadores. A nivel galego, beneficiáronse 268 concellos rurais, un total de 7 millóns de euros, o que impulsará o emprego de 531 galegos sen traballo. O orzamento, con respecto a 2018, crece nun 13% e os Concellos Emprendedores, que tiveron prioridade á hora de acceder a estes apoios, logran o dobre de contratos que os municipios que non contan con este distintivo autonómico que busca favorecer a actividade industrial na Comunidade, chegando a repartirse o 60% do total do investimento.

Na comarca do Baixo Miño, beneficiaranse os concellos de Tomiño, Oia e A Guarda, cada un cun beneficiado. En total, esta comarca recibirá arredor de 41.300 euros.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria financiará o 100% dos contratos que realicen as entidades locais do rural galego, que terán que estar vinculados á realización de tarefas relacionadas coa xestión do monte e a prevención de incendios nas faixas secundarias. Así, os desempregados poderán contratarse para o desenvolvemento de actividades de silvicultura, limpeza de montes, a xestión da biomasa, a valorización forestal ou a planificación preventiva. O obxectivo é proporcionar ás persoas sen traballo que habitan nos concellos rurais de Galicia -aqueles que non contan con ningunha zona densamente poboada a nivel parroquial- unha experiencia práctica e profesional necesarias para facilitar a súa inserción no mercado de traballo.

A Administración autonómica mellorou este ano esta iniciativa eliminando os límites de contratación por concello e incentivando con máis contratos ás localidades fusionadas e ás adheridas ao protocolo de Concellos Emprendedores. Así mesmo, tiveron prioridade os municipios con maior superficie forestal. Aumentouse, ademais, a contía media por traballador, que este ano se sitúa nos 13.176 euros, preto dun 20% máis que o exercicio anterior, atendendo deste xeito tamén a subida establecida para o salario mínimo interprofesional.

Aprol Rural forma parte dunha medida activa de emprego dirixida á mellora da ocupabilidade das persoas sen un posto laboral. Os traballadores e traballadoras que se contraten terán que estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) e a duración dos contratos será de 9 meses e a tempo completo.

O programa forma parte da Axenda 20 coa que o Goberno autonómico está a impulsar en Galicia o emprego estable e de calidade. De feito, no último ano a Comunidade galega conta con 14.262 parados menos, o que supón un descenso do -7,70%, unha cifra que sitúa á Comunidade en niveis de paro moi inferiores aos de hai 10 anos. O desemprego caeu nos colectivos prioritarios para a Xunta e que son os principais beneficiarios do Aprol Rural, como os menores de 30 anos e as mulleres.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones