Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta impulsa a instalación de 1.400 novas caldeiras de biomasa a través de catro convocatorias de axudas

Feijóo afirma que as axudas para a instalación de caldeiras para particulares que residan en zonas rurais prevén un aforro de case 600.000 euros anuais

Feijóo afirma que as axudas para a instalación de caldeiras para particulares que residan en zonas rurais prevén un aforro de case 600.000 euros anuais

Fecha: 03 de Marzo de 2017

Fuente: Xunta de Galicia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa do Consello a instalación de 1.400 novas caldeiras de biomasa, a través de catro convocatorias de axudas cuxo orzamento conxunto supera os 11,7 millóns de euros.

En primeiro lugar, Feijóo referiuse ás axudas para a instalación de caldeiras para particulares que residan en zonas rurais -que publica hoxe o DOG-, cunha subvención do 50% da instalación ata un máximo de 50.000 euros. Esta liña primará os equipos máis eficientes, os máis económicos e as solicitudes que proveñan dos municipios con menor nivel de renda, coa previsión dun aforro total de preto de 600.000 euros ao ano.

A segunda axuda, que se prevé que se publique ao longo deste mes, impulsará a instalación de caldeiras en empresas, entidades sen ánimo de lucro e Administracións públicas. E como novidade, esta convocatoria incrementa nun 5% a porcentaxe de axuda cando a solicita unha empresa: 70% para a pequena empresa, 60% para a mediana empresa e 50% para a gran empresa.

A terceira liña de axudas destinada á instalación de sistemas de calefacción baseados na biomasa, coñecidos como district heating, e cuxa orde no DOG se prevé que sexa publicada o mes que vén, tamén incrementa a cofinanciación coa mesma intensidade. E a cuarta e última axuda, destinada a fomentar o uso de enerxías renovables no sector agroalimentario prevese tamén que se publique no mes de abril.

Durante a rolda de prensa, Feijóo subliñou que sumando as previsións deste ano cos resultados dos tres anos anteriores, estímase que estas iniciativas permitirán a instalación de 4.000 caldeiras, cunha mobilización dun investimento de 51 millóns de euros e un aforro de 20 millóns de litros de gasóleo ao ano.

O presidente da Xunta afirmou que isto encádrase na Estratexia integral de impulso á biomasa con fins térmicos, presentada hai tres anos e articulada en torno a catro eixos fundamentais: incrementar a demanda; impulsar a innovación tecnolóxica; garantir a calidade e a orixe, certificando mediante o selo Galicia Calidade os pellets e estelas galegas de biomasa; e levar a cabo accións de formación e divulgación a través do Foro da Biomasa.

Feijóo concluíu lembrando que o sector da biomasa en Galicia segue a fortalecerse. Non en van, hoxe hai 9 plantas abertas -coa previsión doutra nova este ano- que producen 200.000 toneladas anuais de pellets e estelas, e xeran 100 postos de traballo directos e 200 indirectos. Ademais, lembrou que o edificio de San Caetano xa se quenta con biomasa desde o pasado mes de decembro; e tamén que varios centros hospitalarios públicos e varias sedes xudiciais galegas empregan a biomasa.

Infórmate en:

Feijóo afirma que as axudas para a instalación de caldeiras para particulares que residan en zonas rurais prevén un aforro de case 600.000 euros anuais

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones