Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta impulsou con 48.300 euros a rede de técnicos de emprego na comarca do Baixo Miño

O obxectivo desta medida, que forma parte da Axenda 20, é favorecer nos municipios a promoción da actividade empresarial

O obxectivo desta medida, que forma parte da Axenda 20, é favorecer nos municipios a promoción da actividade empresarial

Fecha: 30 de Septiembre de 2017

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que a Xunta de Galicia impulsou con 48.300 euros a rede de técnicos de emprego que permitiron a contratación de 5 axentes na comarca do Baixo Miño o pasado ano.

Deste xeito, contaron cun axente de emprego e desenvolvemento local os concellos de Tui, A Guarda, O Rosal, Oia e Tomiño.

O responsable territorial apuntou este dato co galo do anuncio da Consellería de Economía, Emprego e Industria da publicación da nova orde para este ano que destinará 3,2 millóns de euros ao impulso da Rede de técnicos de emprego de Galicia apoiando a contratación e o mantemento dos 264 axentes que na actualidade forman esta infraestrutura especializada na promoción do emprego.

Esta iniciativa ten como obxectivo contribuír á dinamización e xeración de novas actividades empresariais no ámbito local e rural e á inserción laboral de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

O Goberno galego, dunha banda, destinará 2,2 millóns para apoiar nos concellos galegos a contratación ou prórroga dos axentes de emprego e desenvolvemento local (AEDL) que colaboran na implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial.

Tal e como explicou Cores Tourís, "o traballo destas persoas consiste fundamentalmente en axudar ás empresas a desenvolver os seus proxectos, o que contribúe a impulsar a aposta do Goberno galego por fixar poboación no rural". A contía máxima dos apoios que se conceden por cada axente é de 27.046 euros anuais.

Para a resolución destas axudas tense en conta a media de paro rexistrado no ano 2016 no concello que solicita o apoio. Na actualidade, existen en Galicia 224 AEDL.

Outra das funcións que realizan os axentes de emprego son o acompañamento técnico no inicio de proxectos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira e o apoio aos promotores das empresas, unha vez constituídas, ademais de ofrecerlles asesoramento técnico durante as primeiras etapas de funcionamento mediante a aplicación de técnicas de consultoría en xestión empresarial e asistencia nos procesos formativos para contribuír á boa marcha das compañías creadas.

Entidades sen ánimo de lucro
A Consellería de Economía, Emprego e Industria tamén dedica un millón de euros ás entidades sen ánimo de lucro para apoialas na contratación ou mantemento dos axentes de emprego e unidades de apoio que colaboran na inserción laboral de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. A contía que reciban as asociacións dependerá do número de persoas contratadas e do período. O ano pasado con esta convocatoria de axudas apoiouse a contratación de 32 axentes de emprego e 8 unidades de apoio en 15 entidades.

O impulso da Rede de técnicos de emprego de Galicia forma parte da Axenda 20 coa que o Goberno galego está estimulando a creación de emprego estable e de calidade.

Atendendo ás principais demandas dos seus traballadores, a Xunta está reforzando o seu labor e na actualidade ten en marcha tres comisións de traballo centradas nos ámbitos da formación, simplificación administrativa e optimización das ferramentas informáticas.

O impulso da rede tamén se enmarca na aposta do Goberno galego polo emprendemento, con especial atención ao rural, que está realizando a través do Plan de formación e emprendemento no rural a Unidade Galicia Emprende ou a través da plataforma Doing Business, iniciativas ás cales se sumará a futura Lei de implantación empresarial, que comezou a súa tramitación no Parlamento.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones