Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA INVISTE CASE 300.000 EUROS NA COMARCA DO BAIXO MIÑO PARA A CONTRATACIÓN DE 32 PERCEPTORES DA RISGA

Na provincia de Pontevedra serán ao redor de 350 as persoas beneficiarias e o orzamento superará os 3 millóns de euros

Na provincia de Pontevedra serán ao redor de 350 as persoas beneficiarias e o orzamento superará os 3 millóns de euros

Fecha: 18 de Marzo de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Traballo e Benestar investirá nos concellos da comarca do Baixo Miño case 300.000 euros, o que permitirá que estas localidades poidan contratar a 32 perceptores da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) no marco da orde de axudas que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado mes de xaneiro e á que se destinou en toda Galicia un total de 10 millóns de euros, o dobre que o ano pasado.

 

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá que este orzamento permite que a totalidade dos concellos galegos que solicitaron esta axuda e que cumpran cos requisitos marcados na orde recibirán a subvención. En toda Galicia, os concellos beneficiados serán preto de 210, o que permitirá a contratación dun millar de persoas.

                        

“Dado os resultados positivos do ano pasado, este ano introducíronse novidades co fin de chegar ao máximo de persoas posibles”, explicou o delegado territorial, quen engadiu que “por iso ampliouse o orzamento e abriuse o abano de beneficiarios, ao eliminar o requisito de ter unha antigüidade de 6 meses”.

 

Na provincia de Pontevedra serán ao redor de 350 as persoas beneficiarias destinando así un orzamento que superará os 3 millóns de euros. No que respecta as vilas de Oia, O rosal, Tui, Tomiño e A Guarda o investimento rolda os 300.000 euros co fin de contratar a 32 beneficiarios da RISGA.  

 

Os beneficiarios serán contratados polos concellos, deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) e seguirán tendo preferencia aquelas persoas que estean comprometidas coa realización dun itinerario sociolaboral, así como aos que contan con cargas familiares.

 

Ademais, os contratos realizaranse polo 75% da xornada laboral –a orde recolle entre un 50 e un 75%-, para que os beneficiarios disfruten da xornada máxima que recolle a orde. Todos os contratos terán unha duración de 7 meses e deberán estar vinculados á realización de obras ou servizos de interese xeral e utilidade social, que serán decididos polos propios concellos. A Consellería, ao igual que o ano pasado, volverá sufragar o total dos custes salariais dos traballadores, incluída a cotización á Seguridade Social.

 

Outras iniciativas

Esta convocatoria inscríbese na aposta da Consellería por traballar a prol da inclusión activa dos colectivos máis vulnerables. Por exemplo, nesta mesma liña enmárcanse outras dúas ordes de emprego como a orde de obradoiros de emprego, que para este ano prevé unha reserva do 20% das prazas totais para os preceptores da RISGA, sempre que haxa candidatos que o fagan posible.

 

Pola súa banda, os Plans integrados de emprego disporán por primeira vez dunha tipoloxía de programa específico para os beneficiarios da RISGA. Neste caso, os custos subvencionables por participantes serán máis altos que nos ordinarios.

 

A aposta pola inclusión reflíctese non só nas ordes concretas, senón tamén a nivel normativo e de planificación. Así, en 2013, aprobouse unha nova Lei de inclusión Social de Galicia, un marco legal mellorado e actualizado que articula unha nova RISGA dividida en tres tramos para estimular e favorecer a inserción laboral. A inclusión activa é tamén un dos piares fundamentais na nova Estratexia de Inclusión Social, que se aprobou en decembro, e que contará con máis de 521 millóns de euros de orzamento e máis de 300 medidas concretas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones