Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA INVISTE MÁIS DE 100.000 EUROS NA MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS DOS CONCELLOS DE TOMIÑO, TUI, CATOIRA E A CAÑIZA

O director xeral de Administración Local asinou está mañá catro convenios de colaboración entre a Vicepresidencia e cada un destes concellos pontevedreses

Financiaranse obras de mellora da accesibilidade, remodelación da zona de xogos infantís, acondicionamento dunha Casa Consistorial e instalacións deportivas

Fecha: 20 de Agosto de 2015

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O director xeral de Administración Local, José Alberto Pazos Couñago, reuniu esta mañá a representantes dos concellos de Tomiño, Tui e Catoira para asinar tres convenios de colaboración que permitirán mellorar as infraestruturas municipais. O acto tivo lugar na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra e contou coa presenza do seu delegado, José Manuel Cores Tourís.

O concello de Tomiño recibirá 20.000 euros para a mellora da accesibilidade a distintos núcleos de poboación e Tui 35.000 para a ampliación e remodelación da zona de xogos infantís que se atopa no paseo marítimo do municipio. Mediante o último convenio, o de Catoira, a Xunta achegará 25.000 euros para o acondicionamento das dependencias da nova Casa Consistorial.

Estes convenios asínanse ao abeiro dunha orde de subvencións da Vicepresidencia, para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais destinadas a concellos galegos en 2015; que esta cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia.

Este programa, ao igual que a Xunta de Galicia, ten entre as súas prioridades "a mellora da calidade de vida nas zonas rurais" e por iso o Goberno galego decidiu apoiar economicamente a aquelas actuacións cuxo obxectivo sexa mellorar as infraestruturas e equipamentos de uso público e, por tanto, dos servizos municipais que os concellos prestan aos seus veciños e veciñas.

As actuacións subvencionables baixo esta orde eran proxectos de construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de espazos públicos -prazas, paseos, rúas, parques públicos e parques infantís-; edificios ou dependencias municipais destinados á prestación de servizos administrativos; e instalacións deportivas de uso público; así como as súas respectivas dotacións de equipamentos. Ademais, tamén eran subvencionables as instalacións, ampliacións e melloras das redes de alumeado público e a pavimentación de vías municipais que non estean incluídas no programa de mellora de camiños do concello beneficiario.

A Cañiza
Tras esta sinatura, o director xeral de Administración Local desprazouse ata A Cañiza, onde asinou un cuarto convenio cofinanciado con Fondos Feader, polo que a Xunta lle vai achegar ao concello máis de 35.000 euros para a instalación de cubertas nos campos de fútbol de Randufe e O Couto e a megafonía do pavillón de deportes municipal.

Tal e como se recolle na memoria xustificativa do Concello, esta actuación considerase moi necesaria xa que protexerá ao público das inclemencias do tempo e mellorará unhas instalacións ás que acoden moitos veciños e veciñas, que demandaban maior calidade no servizo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones