Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA INVITA Á CIDADANÍA A PARTICIPAR NA CONFECCIÓN DA SÚA FUTURA LEI DE TRANSPARENCIA E BO GOBERNO

Os interesados poderán enviar as súas suxestións ata o vindeiro 4 de marzo a través dun sinxelo formulario online na páxina web da Vicepresidencia

O obxectivo deste foro é acadar un texto o máis consensuado posible, tendo en conta as achegas de todos os colectivos e particulares interesados en participar

Fecha: 10 de Febrero de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia pon a disposición de todos os galegos e galegas un novo espazo de participación na confección da nova lei de transparencia e bo goberno que está a elaborar o Executivo autonómico.

O obxectivo deste foro é acadar un texto o máis consensuado posible, tendo en conta as achegas de todos os colectivos e particulares interesados en participar. Unha vez que ese texto preliminar sexa elaborado, será sometido novamente á participación cidadá, do mesmo xeito que se fai co resto da normativa en tramitación.

Os interesados poderán enviar as súas propostas e suxestións ata o vindeiro 4 de marzo, a través dun sinxelo formulario online que terán que completar co seu nome, DNI e correo electrónico. O formulario xa está dispoñible na páxina web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia e Administracións Públicas: http://cpapx.xunta.es/formulario-de-participacion-cidada.

Impulso Democrático
Esta medida está dentro do Programa de Impulso Democrático, recentemente aprobado polo Consello da Xunta; un documento estruturado en doce eixos que recolle as medidas que corresponderá desenvolver á administración autonómica e que situará a Galicia á cabeza en transparencia e exemplaridade das administracións en España.

O Plan contempla a elaboración desta nova Lei de transparencia e bo goberno de Galicia, que recollerá e ampliará as esixencias da vixentes leis de transparencia e incompatibilidades, que van camiño de cumprir os dez e vinte anos, respectivamente. O Estado ten aprobado unha normativa básica que se comezará a aplicar a finais deste ano, e a Xunta irá máis alá elaborando un novo texto que sitúe a Galicia á vangarda nesta materia.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones