Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA MANTÉN A PREALERTA POR SECA HIDROLÓXICA E LEMBRA A CONVENIENCIA DE MODERAR O CONSUMO DE AUGA

Os chuvascos ocasionais rexistrados recentemente nalgunhas zonas permiten falar dunha leve melloría, aínda que os indicadores mostran que os niveis dos ríos seguen unha tendencia similar á do mes pasado

O nivel dos encoros segue a ser suficiente para garantir o abastecemento aos maiores núcleos de poboación, pero é preciso intentar aforrar auga nas actividades cotiás

Fecha: 28 de Julio de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta mantén activada a prealerta por seca hidrolóxica e insta a poboación e concellos a facer un consumo responsable do recurso hídrico e intentar reducir o consumo de auga na medida que sexa posible.

Esta foi unha das decisións adoptadas na reunión da Oficina Técnica da Seca, celebrada hoxe en Augas de Galicia, e na que se está dando conta do seguimento da situación hidrolóxica e meteorolóxica da demarcación Galicia Costa, en aplicación do seu Plan de Seca.

Os indicadores mostran que os niveis de ríos seguen unha tendencia similar á súa situación no pasado mes do xuño; levemente aliviada nalgunhas zonas, polos chuvascos ocasionais rexistrados recentemente. O nivel dos encoros segue sendo suficiente para garantir o abastecemento aos maiores núcleos de poboación. A pesar desta situación, aínda é moi necesario que a poboación realice un consumo responsable, intentado aforrar auga nas actividades cotiáns.

Dende a Oficina Técnica, composta por persoal de Augas de Galicia, Meteogalicia e Medio Rural, ínstase tamén a que os concellos apliquen medidas preventivas e de sensibilización ante a perspectiva de un verán seco.

A previsión a corto prazo é lixeramente favorable, xa que a situación meteorolóxica desta semana será cambiante entre as borrascas e os anticiclóns. Pola información que aporta Meteogalicia agárdanse dous episodios de chuvia o mércores e o venres. A chuvia prevista non é moi cuantiosa, pero si bastante xeneralizada nesas dúas xornadas.

No obstante, a previsión indica que no comezo do mes de agosto terase elevadas probabilidades de ver outro período anticiclónico, seco e soleado; polo que se insiste e incide na necesidade de establecer un consumo responsable do recurso hídrico.

Prevención fronte aos lumes
A escaseza de chuvias incide tamén no incremento do risco de lumes forestais, que é moi elevado ou mesmo extremo en case toda Galicia. Xa que logo, convén extremar as precaucións para evitar os incendios.

Diante desta circunstancia, a Consellería do Medio Rural e do Mar mantén activadas unha serie de recomendacións, entre as que salientan a prohibición de facer fogueiras ou usar utensilios que xeren lume tanto para cociñar como para iluminar. Tamén está prohibido fumar no monte, así como facer lumes ou queimas. A maiores, está limitado o acceso ao monte de persoas e vehículos e é obrigatorio identificarse ante os axentes e pedir autorización para traballar con maquinaria non forestal nin agrícola que poida soltar faíscas.

Por último, a Xunta lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones