Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A xunta mobiliza máis de 140.500 euros para o impulso á dixitalización e dinamización do comercio de proximidade do Baixo Miño

Os programas forman parte do Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia, que ten entre os seus retos fomentar un novo modelo comercial intelixente que sitúe ao cliente no centro da súa estratexia

Os programas forman parte do Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia, que ten entre os seus retos fomentar un novo modelo comercial intelixente que sitúe ao cliente no centro da súa estratexia

Fecha: 27 de Septiembre de 2018

Fuente: Xunta de Galicia - Delegación

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá que a provincia de Pontevedra beneficiouse de dúas liñas de axudas por un total 1,7 millóns de euros destinadas a negocios, asociacións de praceiros e federación de comerciantes, co obxectivo de poñer en marcha iniciativas de dinamización do comercio de proximidade e mellorar a súa imaxe web.

Deste xeito, unha primeira liña céntrase na creación de páxinas web e mellora da imaxe en iña, loxística dixital ou packaging, ademais da reforma integral de locais. Dentro deste ámbito, beneficiáronse un total de 156 negocios da provincia, 7 deles na comarca do Baixo Miño.

Deste xeito, Cores Tourís recordou que "o obxectivo desta iniciativa é potenciar a presenza do comercio galego de proximidade nas redes sociais, impulsando a súa conexión co cliente e creando novas redes de fidelización e imaxe de marca, buscando adaptar o comercio de proximidade ás novas tendencias do mercado", explicou o delegado territorial, quen destacou que se viron beneficiadas 3 empresas de Tomiño, 2 da Guarda e outras 2 de Tui. En total, a axuda que recibiron estas firmas acadou os 27.700 euros.

Por outra banda, a Xunta tamén apoia, con 1,06 millóns de euros, a dinamización dos centros comerciais abertos, prazas de abastos, federacións e asociacións de comerciantes da provincia de Pontevedra. Deste xeito, na comarca do Baixo Miño beneficiáronse a asociación de autónomos de comercio de Tomiño (Adeto), a asociación de comerciantes e Industriales de Tui, a CCA da Garda, a Asociación de comerciantes do Mercado de Tomiño e a Federación de asociacións de comerciantes industriais de Tui (Fesurga). En total, 112.800 euros.

A través destes apoios económicas, a Xunta colabora coas entidades e asociacións co obxectivo de impulsar a competitividade do sector, atraer e fidelizar a clientela do comercio d e proximidade e mellorar os servizos que se ofrecen aos consumidores. De feito, estas axudas permitirán realizar diferentes campañas de dinamización ou realizar melloras na sinalización comercial externa.

Estas axudas enmárcanse no Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia, que ten entre os seus retos o establecemento dun novo modelo de comercio intelixente que sitúe ao cliente no centro da súa estratexia aproveitando todos os recursos á súa disposición.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones