Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta oferta 13 cursos de formación para persoas desempregadas na Comarca do Baixo Miño de cara a mellorar as súas opcións de acceso ao mercado de traballo

Os alumnos poderán escoller o centro e a acción formativa que impartirán as empresas, entidades sen ánimo de lucro e concellos adxudicatarios destas axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria

Na selección dos participantes terán preferencia colectivos como as mulleres, os menores de 30 anos e os parados de longa duración

Fecha: 12 de Octubre de 2019

Fuente: Del. Pontevedra - Xunta de Gal

A Xunta de Galicia ofertará nas próximas semanas 13 cursos de formación para persoas desempregadas na comarca do Baixo Miño de cara a incrementar as súas posibilidades de acceso ao mercado laboral. Así o explicou hoxe o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, quen destacou que se trata dunha oferta de cursos da Consellería de Economía, Emprego e Industria para traballadores e traballadoras sen emprego.

 

Cores Tourís informou de que nestes cursos invístense 11,9 millóns de euros na provincia de Pontevedra, dos cales, 647.900 euros corresponden á comarca do Baixo Miño.

 

Nesta comarca están programados 13 cursos, organizados por 4 empresas e  entidades sen ánimo de lucro así como polo concello do Rosal. Como todos os anos, engadiu o delegado territorial, "é tamén destacable a implicación dos axentes sociais, tanto  das organizacións empresariais así como das entidades sociais".

 

Nesta área os cursos estarán centrados no eido educativo, na soldadura, cociña, desenvolvemento de aplicacións tecnolóxicas, servizo de bar e xestión e control do aprovisionamento, entre outras.

 

Tal e como explicou o delegado territorial, os alumnos e alumnas poderán escoller o centro e a acción formativa que se impartirá en empresas, entidades sen ánimo de lucro e concellos que son os adxudicatarios das axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Ademais, os centros de formación terán a posibilidade de seleccionar directamente ao alumnado. Ata o de agora a elección só correspondía ao Servizo Público de Emprego de Galicia.

 

Así, o alumnado poderá solicitar o centro e a materia na que se desexa formar a través do portal de Emprego https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/buscador-de-formacion. A persoa desempregada poderá obter na web toda a información sobre o curso que lle interesa: a data prevista de comezo, o horario, o lugar onde se imparte e os datos de contacto da entidade, así como a posibilidade de solicitar a preinscrición para o posterior proceso de selección que poderá levar a cabo o centro de formación. A cualificación que se imparta permitirá seguir accedendo a certificados de profesionalidade con validez en todo o Estado e será acorde ás necesidades que demanda o tecido empresarial.

 

Tal e como explicou o delegado territorial, a Xunta continúa, a través de iniciativas como estas, impulsando os cursos de formación dirixidos a persoas desempregadas, xa que este tipo de accións formativas alcanzan de media unha inserción laboral próxima ao 60%. Na selección do alumnado terán preferencia as mulleres, parados de longa duración, menores de 30 anos, emigrantes retornados, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, alumnos con baixa cualificación ou persoas que teñan superados un ou varios módulos dun certificado de profesionalidade ou que obtivesen certificados parciais.

 

"A formación para persoas desempregadas e ocupadas é un reto prioritario para o Goberno galego", rematou Cores Tourís. Por iso, ten en marcha outro tipo de programas, como son as Unidades formativas na empresa; os obradoiros duais; ou os plans formativos para sectores específicos, como a automoción, o naval ou o forestal.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones