Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta oferta 28 cursos de formación para persoas desempregadas na comarca do Baixo Miño

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, destacou que nesta comarca investiranse 1,2 millóns de euros dentro do Plan Galego de Formación 2018-19

Os centros de formación terán a posibilidade de seleccionar directamente ao alumnado que, a través da web de Emprego, poderá solicitar a materia na que se desexa formar e coñecer o custo do curso que a Xunta financia ao 100%

Fecha: 11 de Octubre de 2018

Fuente: Xunta de Galicia - Delegación

A Xunta de Galicia ofertará nas próximas semanas 28 cursos de formación para persoas desempregadas na comarca do Baixo Miño de cara a incrementar as súas posibilidades de acceso ao mercado laboral. Así o explicou hoxe o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, quen destacou que se trata dunha oferta de cursos da Consellería de Economía, Emprego e Industria para traballadores e traballadoras sen emprego.

Cores Tourís informou de que nestes cursos invístense 20,4 millóns de euros na provincia de Pontevedra, dos cales, 1,2 millóns euros corresponden á comarca do Baixo Miño.

Na comarca do Baixo MIño están programados 28 cursos, un deles organizado polo concello do Rosal e o resto por 3 empresas e entidades sen ánimo de lucro. Como todos os anos, engadiu o delegado territorial, "é tamén destacable a implicación dos axentes sociais, tanto  das organizacións empresariais así como das entidades sociais".

Nesta área os cursos estarán centrados no eido educativo, compravenda internacional,  soldadura, xestión de almacéns, creación de microempresas, servizos administrativos e dinamización comunitaria.

Tal e como explicou o delegado territorial, o Goberno galego introduce este ano novidades nesta iniciativa que forma parte do esforzo que está a facer da Administración autonómica, a través da Axenda 20, para incrementar e mellorar as oportunidades laborais dos galegos e galegas e para adaptar a formación ás demandas reais do tecido produtivo. A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina a este programa preto de 48 millóns de euros, un 13,4% máis que na convocatoria anterior.

Deste xeito, os alumnos e alumnas poderán por primeira vez escoller o centro e a acción formativa que se impartirá en empresas, entidades sen ánimo de lucro e concellos que son os adxudicatarios das axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Ademais, os centros de formación terán a posibilidade de seleccionar directamente ao alumnado. Ata o de agora a elección só correspondía ao Servizo Público de Emprego de Galicia.

Así, o alumnado poderá solicitar o centro e a materia na que se desexa formar a través do portal de Emprego https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/buscador-de-formacion. Tamén terá por primeira vez a posibilidade de coñecer o custo do curso no que se vai cualificar e que a Xunta apoia ao 100%. A persoa desempregada poderá obter na web toda a información sobre o curso que lle interesa: a data prevista de comezo, o horario, o lugar onde se imparte e os datos de contacto da entidade, así como a posibilidade de solicitar a preinscrición para o posterior proceso de selección que poderá levar a cabo o centro de formación. A cualificación que se imparta permitirá seguir accedendo a certificados de profesionalidade con validez en todo o Estado e será acorde ás necesidades que demanda o tecido empresarial.

As accións formativas terán un custo por alumno de entre 266 e 6491 euros. Ofértanse cursos nas catro provincias galegas e nos principais sectores da economía galega, como son o metal e naval, as TIC, a automoción, o comercio e márketing, a construción, o turismo e a hostalería, o transporte, a sanidade, os servizos sociais, a seguridade e medio ambiente, o ámbito agrario, as actividades deportivas ou a industria alimentaria, entre outros. No eido do metal e naval cada acción formativa ten un custo medio de 5000 euros por alumno; na automoción e nas enerxías renovables de 3900 euros; e nas TIC e construción de 3600 euros. Cada curso ten unha media de duración de 6 meses.

Inserción media do 60%

A Xunta continúa impulsando os cursos de formación dirixidos a persoas desempregadas, xa que este tipo de accións formativas alcanzan de media unha inserción laboral próxima ao 60%. Na selección do alumnado terán preferencia as mulleres, parados de longa duración, menores de 30 anos, emigrantes retornados, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, alumnos con baixa cualificación ou persoas que teñan superados un ou varios módulos dun certificado de profesionalidade ou que obtivesen certificados parciais.

O obxectivo do Plan de formación 2018-2019 é o de facilitar o acceso ao mercado laboral das persoas sen emprego de Galicia. Na convocatoria deste ano, a Consellería de Economía, Emprego e Industria ampliou a dotación orzamentaria inicial co propósito de atender o maior número de solicitudes.

A formación para persoas desempregadas e ocupadas é un reto prioritario para o Goberno galego. Por iso, ten en marcha outro tipo de programas, como son as Unidades formativas na empresa; os obradoiros duais; ou os plans formativos para sectores específicos, como a automoción, o naval ou o forestal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones