Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

A XUNTA ORGANIZA CHARLAS INFORMATIVAS DO PROGRAMA DE GARANTÍA XUVENIL NA GUARDA, TOMIÑO, SOUTOMAIOR, MOS E SALCEDA DE CASELAS

As sesións son de libre acceso e contarán coa presenza dun orientador de emprego que explicará aos asistentes as vantaxes do programa

As sesións son de libre acceso e contarán coa presenza dun orientador de emprego que explicará aos asistentes as vantaxes do programa

Fecha: 23 de Noviembre de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

O programa de Garantía Xuvenil, que coordina a Consellería de Economía, Emprego e Industria, continúa a campaña de charlas informativas que levan máis dun mes percorrendo preto dun cento de concellos galegos. Estas xornadas están destinadas a informar a mozos e mozas de entre 16 e 29 anos que actualmente non estean traballando nin recibindo educación ou formación. Ao longo da próxima semana haberá cinco sesións en concellos do sur da provincia de Pontevedra.

O luns 23 as charlas terán lugar na Guarda, ás 10.00 horas na aula CeMIT do Centro Cultural, na Avenida Rosalía de Castro, e en Tomiño, ás 12.00 horas, na aula CeMIT do Campo da Feira, s/n.

O martes, ás 17 horas, no municipio de Soutomaior, celebrarase unha charla no multiusos de Arcade, na rúa Peirao. Finalmente, o venres realizarase de novo unha dobre sesión. Ás 10.00 horas a cita será no municipio de Mos, na Axencia de Colocación, emprazada na Avenida de Peinador 39, e ás 12.00 horas haberá unha charla en Salceda de Caselas na Casa da Cultura ubicada na rúa Dr. Zunzunegui, 7.

Todas estas actividades son de libre acceso, e contarán coa presenza dun orientador de emprego que explicará aos asistentes os beneficios de inscribirse neste programa.

O obxectivo do Programa de Garantía Xuvenil é que os participantes poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua, formación de aprendiz ou acceder a un período de prácticas despois de acabar a educación formal ou quedar desempregados. Este plan de Garantía Xuvenil está cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020.

Para máis información, pódese visitar o sitio web do programa de Garantía Xuvenil (garantiaxuvenil.xunta.es ), así como os perfís habilitados en Facebook e Twitter.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí