Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA PARTICIPA NA ASAMBLEA DA AGRUPACIÓN EUROPEA DE COOPERACIÓN TERRITORIAL GALICIA-NORTE DE PORTUGAL

O obxectivo da reunión foi aprobar as actividades e o orzamento da AECT para 2015

A AECT seguirá a colaborar co poder local, fomentando os achegamentos entre concellos galegos e portugueses

Fecha: 13 de Marzo de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e o director xeral de Administración Local, José Alberto Pazos Couñago, participaron hoxe na reunión do Consello da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT), que tivo lugar en Vigo, na que se aprobaron o Plano de actividades e o orzamento para o ano 2015

O plan de traballo da AECT para 2015 completa a continuación do traballo de homologación dos títulos de Formación Profesional, ademais darase continuidade á misión empresarial co clúster do téxtil, e nesta ocasión serán as empresas portuguesas as que visitarán empresas téxtiles galegas. Iniciarase unha liña de fomento de colaboración entre as incubadoras de empresas da Eurorrexión, con visitas entre elas.

No eido da cooperación bilateral continuarase con encontros con diferentes sectores, como Medio Ambiente, Cultura, Deportes, Turismo, Educación, Emprego, entre outros.ademais de reforzar o Gabinete de Información da Eurorrexión coa adhesión de novos socios, coma o ingreso da FEGAMP e a Deputación de Ourense.

A AECT seguirá a colaborar co poder local, fomentando os achegamentos entre concellos galegos e portugueses, nomeadamente coa Eurocidade Tui Valença; con Tomiño-Vilanova da Cerveira (beneficiarios dun programa “Europa dos cidadáns cunha candidatura elaborada pola AECT); ou con Salvaterra-Monçao. Tamén auspiciarase a sinatura dun irmandamento este ano entre Baião e Moraña, e outro entre Arteixo e Famalicão.

Durante estes primeiros anos de funcionamento, a AECT Galicia-Norte de Portugal conseguiu consolidarse como un actor da cooperación transfronteiriza europea moi activo, participando en numerosos proxectos e organizando eventos de marcado carácter transfronteirizo. Deste xeito, a AECT ten contribuído a reforzar a cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal, especialmente no ámbito da cooperación de proximidade, reducindo os custos de fronteira, incrementando a eficiencia na xestión de fondos para proxectos de base territorial, e, sobre todo, preparando o terreo para o novo período orzamentario comunitario 2014-2020.

Interreg
Ao longo deste mes, a AECT encargarase de reunir as Comisións Sectoriais da Comunidade de Traballo Galicia - Norte de Portugal, para presentarlles as novidades do INTERREG V (aprobado pola Comisión neste mes de febreiro), coa finalidade de que estean preparadas para presentar candidaturas conxuntas cando se abra a convocatoria, prevista para o segundo semestre de 2015.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones