Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta pon en marcha o Observatorio da Biomasa para impulsar o desenvolvemento e modernización do sector en Galicia

Conta cun rexistro cos fabricantes, distribuidores e instaladores de caldeiras, e ofrece información actualizada sobre as liñas de axuda

Conta cun rexistro cos fabricantes, distribuidores e instaladores de caldeiras, e ofrece información actualizada sobre as liñas de axuda

Fecha: 22 de Septiembre de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), pon en marcha o Observatorio da Biomasa, un portal web (www.observatoriobiomasa.gal) no que se realiza un seguimento da actividade dos axentes que forman parte deste sector en Galicia co obxectivo principal de impulsar o seu desenvolvemento e modernización con fins enerxéticos.

Enmarcado dentro da Estratexia Galega de Impulso á Biomasa, coa que se pretende a substitución de fontes de calor baseadas en combustibles fósiles por esta enerxía renovable de orixe forestal, o Observatorio está concibido como un foro de encontro permanente, no que o sector, desde o punto de vista empresarial, tecnolóxico e laboral, identifica as súas fortalezas para desenvolver medidas eficaces para a mellora da súa competitividade e, por extensión, para a mellora do tecido industrial de Galicia.

Así, as principais funcións do Observatorio son o rexistro, localización e datos de contacto de fabricantes e distribuidores de pellets, achas e caldeiras, instaladores e mesmo instalacións existentes xa en funcionamento; o seguimento de prezos de combustibles e caldeiras; servir de soporte documental de informes técnicos e de difusión (proxectos, resultados, tecnoloxía e xornadas); ofrecer información actualizada sobre liñas de axuda no ámbito da biomasa; e amosar experiencias sobre instalacións de esta fonte de enerxía renovable para que os usuarios poidan buscar o equipamento desexado en función do sector (residencial, industrial ou público).

Ademais, a nova web conta cun simulador que permite coñecer os investimentos necesarios para substituír instalacións consumidoras de electricidade, gasóleo, fuelóleo, glp ou gas natural por biomasa; facilitando tamén os aforros económicos e enerxéticos potenciais da substitución e o seu período de retorno. Na plataforma tamén se incorpora información sobre eventos relacionados coa biomasa, tanto a nivel autonómico como estatal ou internacional.

O emprego da biomasa contribúe a aforrar custos, fixar emprego no rural e impulsar a defensa do medio ambiente, ao tempo que, a nivel industrial, axuda a mellorar a competitividade das empresas. Trátase da fonte enerxética de orixe galega máis utilizada na comunidade, por diante doutros recursos naturais como o vento e a auga. Ademais, Galicia reúne as condicións idóneas para o seu impulso, sendo unha potencia en materia forestal con 1,4 millóns de hectáreas de superficie arbórea, case a metade do territorio galego.

 

Bomba de calor, biomasa, fontaneria, suelo radiante,

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones