Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta publica a aprobación do expediente de información pública e o proxecto de construción das obras de mellora da estrada Pancenteo-Marzán (PO-353) no Concello do Rosal

Con estas actuacións acadarase unha mellora da estrada o entre os puntos quilométricos 3+150 ao 5+360

As obras previstas contemplan a mellora da sección da estrada, renovación e ampliación das beirarrúas, incorporación dunha senda peonil, substitución da drenaxe lonxitudinal, ampliación das drenaxes transversais, reforzo de firme e renovación da sinalizac

Fecha: 06 de Septiembre de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do expedente de información pública e o proxecto de construción da mellora da estrada que une as localidades de Pancenteo e Marzán (PO-353) na provincia de Pontevedra ao sei paso polo Concello do Rosal, concretamente, entre os puntos quilométricos 3+150 ao 5+360. Este anuncio pódese consultar na seguinte dirección: http://goo.gl/fQYhLn

O proxecto ten por obxecto a mellora da seguridade vial e a accesibilidade, tanto dos vehículos como dos peóns, actualizando e complentando a drenaxe e a sinalización existente en dito vial.

As obras, que darán continuidade ás executadas na Guarda, contemplan unha actuación na sección da estrada, a renovación e ampliación das beirarrúas, a incorporación dunha senda peonil, a substitución da drenaxe lonxitudinal, e a ampliación das drenaxes transversais. Ademais, do reforzo de firme e renovación da sinalización, balizamento e defensas ao longo do treito obxecto do proxecto.

Con isto, ao Concello do Rosal deberá adaptar o seu planeamento urbanístico o contido no proxecto.

Con estas accións aumentarase a comodidade da circulación ao ampliar o raio das curvas e se incrementará a seguridade e facilitarán os xiros en condicións máis seguras, reordenando as interseccións existentes no tramo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones