Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA PUBLICA AS BASES PARA QUE OS CONCELLOS GALEGOS SOLICITEN NOVAS ACTUACIÓNS EN ÁREAS DE REHABILITACIÓN INTEGRAL

Está previsto que ao abeiro da nova convocatoria se concedan un total de 9,5 millóns de euros en axudas para rehabilitar ata 1.200 vivendas

En total, entre 2015 e 2016 destinarase máis de 15,3 millóns de euros de fondos públicos ás actuacións nestas zonas

Fecha: 18 de Marzo de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

A partir de mañá e durante o prazo dun mes, os concellos galegos que conten con Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) declaradas, e aqueles que estean tramitando a declaración de novas ou desexen facelo, poderán solicitar a súa participación no programa de rexeneración e renovación urbana do plan de alugueiro e rehabilitación 2013-2016. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras polas que se rexerá dito programa, tal como anunciou o pasado sábado o presidente da Xunta no acto de sinatura de convenios entre a Xunta, o Ministerio de Fomento e os concellos que tiñan pendentes de financiar actuacións nas súas áreas de rehabilitación.

Está previsto que ao abeiro da nova convocatoria se concedan un total de 9,5 millóns de euros en axudas entre 2015 e 2016, o que permitiría a rehabilitación de 1.200 vivendas, así como actuacións de urbanización e reurbanización por parte dos concellos. Estes fondos sumaranse aos máis de 5,8 millóns de euros dos convenios asinados o sábado, polo que o importe total destinado ás áreas de rehabilitación entre este ano e o vindeiro será de máis de 15,3 millóns de euros.

Os concellos interesados disporán do prazo dun mes para presentar as súas solicitudes de incorporación ao programa e a documentación pertinente. Posteriormente a comisión bilateral de seguimento do plan 2013-2016 asignará os fondos que correspondan a cada área de rehabilitación e asinaranse convenios específicos entre a Xunta, o Ministerio e os concellos para a execución das actuacións.

Os concellos actuarán como entes xestores das actuacións no marco das ARI correspondentes, polo que procederán a convocar as axudas para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas para cada ámbito e de acordo co financiamento máximo previsto nos acordos específicos.

Actuacións
As actuacións subvencionables no marco das Ari serán as seguintes:

• Execución de obras en edificios e vivendas por parte dos seus propietarios.
• Realoxo temporal de ocupantes legais causados polas obras.
• Execución de obras no medio urbano por parte dos concellos.
• Mantemento de equipos técnicos e oficinas de información e xestión.

Os beneficiarios das axudas serán os propietarios e ocupantes das vivendas nos dous primeiros casos e os concellos nos casos de obras no medio urbano e mantemento de equipos técnicos e oficinas de información e xestión.

Contía
O importe das axudas non poderá exceder do 35% do custo subvencionable, de cada actuación, sen superar os seguinte límites máximos:

• 11.000 € por cada vivenda rehabilitada
• 30.000 € por cada vivenda de nova construción consecuencia dunha demolición previa
• 2000 € por cada vivenda obxecto de rehabilitación nas actuacións de mellora da calidade e sustentabilidade do medio urbano
• 4000 € anuais por unidade de convivencia a realoxar, ata un máximo de tres anos.
• 500 € por vivenda rehabilitada e construída en substitución doutra para os custe das oficinas de planeamento e información.

Os pagamentos realizaranse pola Xunta de Galicia aos concellos participantes para que, actuando como entes xestores, procedan a aboarlle as axudas aos correspondentes beneficiarios.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones