Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA PUBLICA AS CONDICIÓNS E ÉPOCAS HÁBILES DE CAZA PARA A TEMPADA 2016-2017

O período hábil para exercer esta práctica, válido con alcance xeral, será o comprendido entre o 16 de outubro de 2016 e o 6 de xaneiro do 2017

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución na que tamén se determinan as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies

Fecha: 04 de Mayo de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) (http://bit.ly/21sjk7E) a Resolución pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2016-2017.

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza elaborou esta norma que regula os períodos hábiles de caza, as especies sobre as que se poderá exercer a práctica cinexética, os métodos autorizados e as limitacións xerais ou particulares que afectarán ao exercicio desta actividade na Comunidade Autónoma durante a próxima tempada 2016-2017.

Segundo o establecido nesta Resolución, a vindeira tempada de caza abarca desde o 1 de agosto deste ano ata o 31 de xullo do 2017, establecéndose como o período hábil xeral para exercer a actividade o comprendido entre os días 16 de outubro de 2016 e 6 de xaneiro de 2017, ambos incluídos. Considéranse días hábiles de caza con carácter xeral os xoves, domingos e festivos de carácter estatal e autonómico.

Novidades
Entre as principais novidades que se recollen para a nova tempada, destaca o feito de que nos terreos de réxime cinexético especial que teñan autorizada a prórroga do período hábil de caza para a arcea, autorízase o adestramento de cans sobre esta especie, sen petición previa, desde o 7 de xaneiro ata o 15 de marzo de 2017 os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico.

Nos terreos de réxime cinexético especial establécese un período mínimo de dous meses consecutivos durante o cal non se pode adestrar cans nin aves de cetraría (escollidos nun único período entre abril e xullo, proposto polo titular do terreo cinexético, entendéndose no seu defecto que se corresponde cos meses de maio e xuño).

En canto á caza do raposo nos Tecor e explotacións cinexéticas comerciais, posibilítase realizar batidas de xestión en toda a súa superficie os sábados do período hábil de caza menor, cando se planificaran e executaran actuacións de mellora sobre aquelas poboacións cinexéticas que poidan ser afectadas negativamente polo raposo.

No tocante ao aproveitamento cinexético da cabra montés, está prohibida a súa caza, excepto nos Tecor do Xurés especificados no plan de aproveitamento cinexético, aprobado pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, aumentándose o período de caza para esta especie respecto ao da tempada anterior, ao permitir a súa caza dende o 15 de setembro de 2016 ata o 15 de marzo de 2017.

Mediante a modalidade de cetraría, permítese a caza da gaivota chorona común (Larus ridibundus), corona clara (Larus argentatus), estorniño pinto (Sturnus vulgaris), pega rabilonga (Pica pica) e corvo (Corvus corone), tanto en terreos de réxime cinexético común como especial, durante todo o ano, agás nos meses de abril, maio e xuño.

Nos terreos de réxime cinexético especial con autorización do titular do aproveitamento e nas zonas libres de caza, con autorización da persoa titular do órgano territorial de dirección competente en materia de conservación da natureza.


Réximes por especies

 

ESPECIE PERÍODO HÁBIL OBSERVACIÓNS
Arcea e Agacha

 Prorrógase o seu período hábil en terreos cinexéticos de réxime especial ata o 12 de febreiro

 
Raposo

Autorízanse batidas en dous períodos: dende o 03/09/16 ata o 15/10/16 e dende o 07/01/17 ata o 12/02/17, os xoves sábados, domingos e festivos

Tamén se poden autorizar batidas de xestión os sábados do período hábil de caza menor (do 16/10/16 ata o 06/01/17) cando nos Tecor e explotacións cinexéticas comerciais se planificaran e executaran actuacións de mellora sobre poboacións cinexéticas que poidan ser afectadas polo raposo

Paspallás Non hai novidades

As modalidades en man e ao salto, permiten un máximo de 15 escopetas por xornada e cuartel de caza

Corzo

Con carácter xeral, prohíbese o aproveitamento das femias, permitindo a súa caza puntual e localizada, como consecuencia dos danos que poidan ocasionar

Sempre e cando se solicite e xustifique, autorizarase a caza das femias adultas en descaste nas modalidade de axexo, batida ou montaría en dous períodos: ben do 03/09/16-15/10/16 ou ben do 07/01/17-05/02/17 a elección do titular do aproveitamento

Xabaril

O período hábil de caza en terreos de réxime cinexético especial e do 27/08/2016 ata o 15/01/2017 xoves, sábados, domingos e festivos. En terreos de réxime cinexético común do 27/08/2016 ata o 31/08/2016 e do 07/01/2017 ata o 15/01/2017 os xoves, sábados, domingos e festivos, e do 01/09/2016 ao 06/01/2017 unicamente os sábados.

 

Cervo, gamo e muflón

O período de caza con todas as modalidades de caza é do 16 de outubro ao 15 de xaneiro

 
Cabra montés

A modalidade permitida é o axexo, autorizándose a caza de machos selectivos e femias adultas en descaste dente o 15.09.2016 ata o 31.10.2016, e de machos trofeo dende o 15.12.2016 ata o 15.03.2017

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones