Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA RECOÑECE A REGULARIZACIÓN DO NÚCLEO TRADICIONAL LITORAL DAS EIRAS NO ROSAL

O Concello de Oia está pendente dunha resolución definitiva para os seu núcleo

Panorámica das Eiras, no municipaio do Rosal. Foto: Arquivo Infomiño.com

Fecha: 25 de Septiembre de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

Un total de 14 núcleos correspondentes a seis concellos galegos obtiveron o pronunciamento favorable do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama) no marco da oportunidade aberta pola modificación da Lei de Costas (Lei 22/1988), que recolle mecanismos para a regularización dos núcleos costeiros tradicionais.

En concreto, os núcleos que obtiveron o recoñecemento foron A Bornale-O Cruceiro , Surribos, A Viña, A Robaleira e Valdexería en Muros; Rocamar en Baiona; A Golada e Prado-Patos, en Nigrán; Aguete Sur, Loira, Teoira e Casás, en Marín; Castro en Gondomar e As Eiras no Rosal.

Hai que ter en conta que na actualidade o Magrama ten pendente de resolver as solicitudes presentadas por 11 concellos (de 46 presentados): Arteixo, Neda, Valdoviño, Barreiros, O Vicedo, Viveiro, A Guarda, Cangas, Oia, Poio e Redondela. E hai outros oito que presentaron alegacións tras emitir o seu informe o Ministerio e polo tanto, aínda non está pechado expediente: Ares, Boiro, Illa de Arousa, O Grove, Poio, Sanxenxo, Vilaboa e Vilanova de Arousa. Polo tanto aínda quedarían 19 concellos pendentes dunha resolución definitiva para os seus núcleos.

Segundo explicou esta mañá en comisión parlamentaria a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, desde a Xunta lévase traballando de longo nunha demanda histórica a prol do recoñecemento de que o solo de núcleo rural propio da idiosincrasia galega sexa asimilable na clase básica estatal de solo urbano.

Neste sentido, Encarnación Rivas destacou o labor desenvolvido pola Xunta no que respecta ao asesoramento e a implicación con todos aqueles concellos tal e como solicitaron xa Arteixo e Boiro, e as numerosas reunións coa Dirección Xeral de Costas en Madrid, co obxectivo de que o Goberno español entendese e recoñecese a verdadeira situación da costa galega. Precisamente, neste mes de setembro foron dúas as reunións mantidas co departamento ministerial. Na máis recente, desenvolvida o pasado venres, coa subdirectora xeral de Costas, deuse conta do resultado provisional deste proceso.

Segundo explicou a secretaria xeral, algúns concellos esperaron a maio deste ano –o 31 de maio expiraba o prazo- para presentar as solicitudes, polo que ata finais de 2016, non se poderá saber o resultado de todas, xa que o prazo de resolución é de 18 meses.

Regularización na Lei de Costas
A Lei de Costas aplicaba un réxime de limitacións na zona de servidume de protección establecida en 20 metros no solo urbano e en 100 metros fóra del, o que provocaba que moitas das edificacións existentes en solo de núcleo rural do litoral quedasen nunha situación que se considera fóra de ordenación.

A Xunta sempre defendeu a singularidade e peculiaridade de Galicia para facer compatible os núcleos tradicionais da costa coa protección do litoral. Grazas ao traballo conxunto realizado entre Xunta e Goberno central logrouse que a nova lei de costas recollese, por primeira vez, unha vía para resolver unha demanda histórica e propiciar que os núcleos tradicionais costeiros puidesen ser regularizados.

Este camiño pasa por rebaixar a zona de servidume de costa dos 100 aos 20 metros, para todos aqueles municipios que demostren a existencia consolidada dos núcleos urbanos con anterioridade á Lei de Costas de 1988. Así, pois, para que os núcleos costeiros tradicionais poidan contar con este amparo legal, os concellos debían acreditar correctamente a preexistencia deses núcleos.

Desde a Xunta deféndese que a mellor fórmula para acadar seguridade xurídica pasa por procurar a regularización dos núcleos afectados e das súas vivendas a través dos Plans Xerais de Ordenación Municipal (PXOM). Por este motivo, insístese na necesidade de axilizar a redacción dos planeamentos naqueles concellos que teñen este tipo de problemas.

Neste sentido, Encarnación Rivas destacou que a clave do éxito dos municipios que acadaron a regularización foi que souberon definir un bo plan xeral e que traballaron desde a máxima transparencia e coa máxima lealdade institucional. “Contar co planeamento non é o único método para alcanzar a regularización dos núcleos tradicionais do litoral, pero si é a fórmula que ten probado a maior eficacia e que a Xunta apoia”, salientou.

A ese respecto, a secretaria xeral salientou que os municipios que non regularicen a situación dos núcleos ao abeiro da disposición transitoria da Lei de Costas, seguen tendo á posibilidade de facelo a través do Plan Xeral de Ordenación Municipal, para o que poderán contar coa colaboración do Goberno galego.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones