Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA REDUCE DE 6 MESES A 15 DÍAS O PERÍODO DE TRAMITACIÓN PARA AUTORIZAR LIMPEZAS DE RÍOS CO FIN DE OPTIMIZAR O ESTADO ECOLÓXICO DAS CANLES E EVITAR ASOLAGAMENTOS

As actuacións susceptibles deste procedemento son a retirada de árbores mortas e podas que impidan os accesos á canle ou á servidume de paso e a eliminación de materiais de arrastre que obstrúan o leito

Este decreto tamén contempla que o Goberno galego avaliará a xestión e o mantemento das obras hidráulicas que leva executado nos últimos 5 anos, garantindo o bo estado das infraestruturas de auga na comunidade

Fecha: 19 de Enero de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas reduce de 6 meses a 15 días o período de tramitación para autorizar limpezas de ríos co fin de optimizar o estado ecolóxico das canles da Demarcación Galicia-Costa e evitar riscos de asolagamentos. Trátase do Regulamento da planificación en materia de augas de Galicia, que inclúe as medidas necesarias para axilizar a limpeza dos ríos e as actuacións de emerxencia en época de seca, entre outros puntos.

Coa nova normativa só será necesario que o particular ou administración local correspondente comunique con 15 días de antelación as tarefas a executar a Augas de Galicia. Trátase dunha axilización fronte aos trámites actuais, que se traducen nunha duración de entre 4 e 6 meses por expediente. A día de hoxe, realizar este tipo de actuacións precisa unha presentación da solicitude, especificando o tramo e os traballos de limpeza, visita da gardería, informes técnicos e proposta-resolución.

A simplificación no procedemento fomenta a vontade para mellorar os leitos da Demarcación Galicia-Costa, xa que a actual xestión provocaba que os solicitantes perderan a motivación de levar a cabo esta mellora e acción de mantemento nos ríos.

Con este decreto, autorizado no Consello da Xunta desta semana, xa son 5 os regulamentos desenvolvidos polo Goberno actual, dos 6 previstos na Lei de Augas de Galicia, os cales conforman unha sólida lexislación para unha mellor xestión da auga na comunidade. Este último regulamento, aprobado a través dun decreto que será de aplicación en 20 días aproximadamente, persegue o establecemento duns procedementos para a aprobación dos instrumentos de planificación que desenvolve Augas de Galicia.

Normativa pioneira
Coa nova normativa, a Xunta de Galicia sitúase como a primeira administración con competencia hidráulica na Comunidade, e a segunda no conxunto de España (a primeira en adoptar esta medida foi a Confederación do Ebro), que activa este proceso.

As actuacións susceptibles a encaixar neste procedemento simplificado son a retirada de árbores mortas e podas que impidan os accesos á canle ou á servidume de paso e a eliminación de materiais de arrastre que obstrúan o leito, así como tarefas de roza sempre que non supoñan un risco de afección ao río ou impliquen a corta de árbores.

Augas de Galicia, a pesar da axilización dos trámites, reserva a potestade de velar polo respecto ambiental destas actuacións e realizará labores de inspección para comprobar a correcta execución dos traballos.

Dende a Xunta sinalan que nos últimos dous anos tan só un expediente foi resolto desfavorablemente, xa que as actuacións solicitadas son razoables e beneficiosas para a conservación dos ríos, que evitan os asolagamentos cando se producen episodios de crecidas.

Cómpre destacar que na actualidade o 55% dos expedientes de autorización destas actuacións corresponden a entidades locais, mentres que o resto a particulares. Neste sentido, os beneficiarios desta medida non só son as administracións locais e os interesados, senón tamén todos os cidadáns, que poderán implicarse de xeito máis simple nas tarefas de mellora ambiental das dúas contornas.

Xestión óptima de actuacións construídas
O citado decreto tamén establece unha vinculación entre a planificación de obras hidráulicas en toda Galicia e a execución das mesmas por parte da Xunta, garantindo unha correcta xestión das actuacións xa construídas.

O Goberno galego avaliará a xestión e o mantemento das obras hidráulicas que leva executado nos últimos 5 anos e o resultado desta avaliación afectará a colaboracións futuras da Xunta con estes xestores. Así, preténdese premiar a boa xestión das infraestruturas de auga na comunidade.

Medidas extraordinarias en casos de seca
Neste decreto tamén se contempla que no caso de producirse episodios extremos como a seca, habilítase ao Consello da Xunta a adoptar medidas extraordinarias para mitigar os efectos destes procesos.

Con este punto preténdese mellorar de xeito efectivo a resposta do Goberno galego ante estas situacións excepcionais que afectan aos galegos, especialmente nas zonas rurais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones