Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Xunta reforza a capacidade do servizo de emerxencias do Rosal coa entrega dun novo desfibrilador

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, entregou este material a nova Agrupación de Voluntarios de Protección Civil deste concello

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, entregou este material a nova Agrupación de Voluntarios de Protección Civil deste concello

Fecha: 09 de Mayo de 2018

Fuente: Concello de O Rosal

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra fixo entrega esta mañá á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Rosal dun novo desfibrilador (DESA) de cara a mellorar a súa capacidade de intervención.

A entrega deste material forma parte da aposta continua do Goberno galego por reforzar a resposta ante posibles emerxencias que poidan ocorrer en calquera punto da nosa comunidade, e no acto estiveron presentes a alcaldesa da localidade, Carmen Alonso, así como o xefe do Servizo de Emerxencias de Pontevedra, Evaristo Juncal, e os responsables da recentemente creado Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Rosal.

 

Deste xeito, dáse cumprimento ao compromiso adquirido pola administración autonómica con este concello do Baixo Miño despois da reunión mantida entre a alcaldesa e o director xeral de Emerxencias, Luis Menor, e na que se demandaron más medios para Protección Civil, dado a súa recente creación.

A provincia de Pontevedra conta con 56 agrupacións de voluntarios de Protección Civil, e no Baixo Miño, ademais da que xa existía en Tomiño, acaba de poñerse en marcha á do Rosal, con sete voluntarios. Proximamente firmarase un convenio co concello de Oia de cara a que esta agrupación tamén cubra este concello, mentres o de Tui está nestes intres en plena tramitación para a súa posta en marcha. "O que temos que lamentar é que o concello da Guarda decidira disolver a súa agrupación, porque estamos a falar un servizo que redunda directamente na seguridade e no benestar dos cidadáns", explicou Cores Tourís.

O delegado territorial da Xunta fixo fincapé na importancia da cooperación, colaboración e coordinación nun eido tan importante como son as emerxencias, polo que reiterou a necesidade de seguir sumando na aposta dunha xestión conxunta neste eido, no que é tan importante a implicación de todas as Administracións, tanto autonómica, como locais e as provinciais.

De feito, segundo destacou Cores Tourís, Galicia foi pioneira en España no desenvolvemento de estratexias de cardioprotección, iniciada coa publicación do Decreto 251/2000 que regulaba o uso de desfibriladores por persoal non médico.

Coa aprobación do Decreto 38/2017 polo que se regula a instalación e o uso de desfibriladores externos fóra do ámbito sanitario, Galicia conta cun total de 2.161 desfibriladores, con ata un total de 17.750 persoas certificadas en soporte vital básico e uso de DESA. "Todo iso forma parte dunha estratexia fundamental para achegar á poboación, o antes posible, aos recursos máis efectivos segundo a evidencia científica", engadiu o delegado territorial.


As unidades do 061 consiguen reanimar a unha media de 700 vítimas ao ano e trasladar con vida ao hospital a un 40%. Galicia lidera a implantación de desfibriladores para o seu uso pola poboación xeral, a formación sistemática cunha estratexia poboacional dos nenos e nenas en soporte vital básico e, tamén, a innovación tecnolóxica para mellorar a asistencia ás vítimas da morte súbita.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí