Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta solicita aos concellos as parcelas necesarias para construír os novos centros previstos no plan de infraestruturas de atención primaria

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, vén de remitir cartas a alcaldes e alcaldesas dos 28 concellos nos que se contempla a construción de novos centros de saúde dentro das fases 1 e 2 do Plan recentemente aprobado

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, vén de remitir cartas a alcaldes e alcaldesas dos 28 concellos nos que se contempla a construción de novos centros de saúde dentro das fases 1 e 2 do Plan recentemente aprobado

Fecha: 08 de Noviembre de 2021

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ten tomado a iniciativa para activar os proxectos de construción de novos centros contemplados nas fases 1 e 2 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria, aprobado polo Consello da Xunta a pasada semana.

 

Así, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, vén de remitir cartas aos alcaldes e alcaldesas dos 28 concellos para os que as fases 1 e 2 do dito Plan propoñen a construción dun novo centro de saúde. Seguindo o procedemento habitual na posta en marcha destas infraestruturas, na misiva solicítase a pronta achega, por parte do concello, dunha parcela viable para axilizar o proceso administrativo de licitación de proxecto e obra e de posta en funcionamento do novo centro.

 

Nese sentido, o conselleiro ofreceulles aos representantes municipais a colaboración do persoal técnico dos servizos de obras do Sergas para axudar na localización do terreo axeitado, coa total disposición para visitar e avaliar aquelas parcelas que os concellos consideren e determinar se cumpren ou non coas necesidades requiridas desde o punto de vista técnico, trámite que xa foi iniciado en varios dos concellos destinatarios. Para facilitar a localización das parcelas, o conselleiro indicou a cada concello os metros cadrados de edificabilidade necesarios para o centro proxectado para o seu municipio.

 

Sinálase, tamén, que a aprobación deste Plan facilita a capacidade de previsión no necesario diálogo coas administracións locais para a posta a disposición das parcelas axeitadas e o inicio dos trámites urbanísticos, ao contar xa cunha superficie estimada do futuro edificio e cunha garantía da vontade da administración autonómica de levar a cabo ese proxecto ao atoparse dentro dunhas prioridades marcadas e coñecidas.

 

En consecuencia, a Xunta de Galicia traslada de xeito oficial esta vontade a través das cartas remitidas, que achegan tamén o contido íntegro do Plan, no que están detalladas as necesidades obxectivas que motivaron a priorización dos proxectos finalmente elixidos, así como a proposta de plan funcional deseñada para a futura infraestrutura coa que o Goberno galego quere mellorar o servizo sanitario en cada concello.

 

 

Plan de Infraestruturas de Atención Primaria

O Consello da Xunta de Galicia aprobou a pasada semana un Plan de Infraestruturas sanitarias de Atención Primaria que contempla a posta en marcha de 37 centros de saúde e a ampliación ou reformas noutros 14 xa existentes. As actuacións están divididas en tres fases, das que a fase 0 contempla proxectos coa tramitación administrativa xa iniciada previa sinatura dos oportunos protocolos ou convenios co concello correspondente, polo que xa teñen superada a fase de localización de terreos.

 

Así, os concellos con novos centros proxectados na fase 1 son Noia, Ribeira, Porto do Son, Pantón, Lugo, Ribadeo, O Carballiño, Boborás, Muíños, Caldas de Reis, O Grove, Poio, Cangas do Morrazo e A Guarda, mentres que na fase 2 figuran novos centros para Fisterra, Malpica, Ferrol, Fene, Teo, Becerreá, Guntín, Allariz, Montederramo, Ourense, Barro, Meis, Ponteareas e Mos. Estes foron os concellos destinatarios das cartas.

 

Para a elaboración desta planificación contouse co coñecemento existente nas estruturas das áreas sanitarias, que repasaron a situación das infraestruturas da súa contorna para avaliar as maiores necesidades. Os criterios fundamentais que se tiveron en conta para establecer a priorización destas futuras actuacións foron tanto técnicos como asistenciais, valorando circunstancias como a antigüidade dos actuais centros ou o seu estado de conservación, así como as carencias funcionais e operativas que as áreas atopan neles para adaptalos ás necesidades actuais de asistencia sanitaria.

 

A elaboración deste Plan aliñase coa estratexia de transformación que a Xunta está a desenvolver na atención primaria a través do documento estratéxico “Por unha atención primaria vertebradora do sistema de saúde”. Así, o Executivo galego está a apostar pola potenciación da atención multidisciplinar, do traballo en equipo, e o desenvolvemento en plenitude das competencias de cada categoría profesional implicada neste nivel asistencial, cunha vocación de impulso á saúde comunitaria.

 

Investimento desde 2009

Co remate en outubro de 2021 da obra de construción do centro de saúde de Bouzas (Vigo) e das obras de reforma dos centros de saúde de Mugardos e Bertamiráns (Ames), conclúe un período desde 2009 no que a Xunta de Galicia ten construído ou reformado un total de 92 centros de saúde, o que supuxo actuar sobre mais de 75.000 metros cadrados. O Goberno galego ten neste momento dúas infraestruturas de atención primaria en proceso de construción (CIS de Lugo e CIS de Lalín),  tres reformas en disposición de comezar antes de que remate este ano (ampliación do centro de saúde de Porriño e reformas dos centros de saúde de Arnoia e Ribadavia), e quince reformas en centros de saúde de titularidade municipal en execución en colaboración coas administracións locais, trala sinatura este ano de convenios cos concellos de Rairiz de Veiga, O Bolo, Palas de Rei, Fornelos de Montes, Campo Lameiro, Valdoviño, Amoeiro, Rodeiro, Beariz, Vilardevós, Baltar, Maside, Friol, Castro Caldelas e Castrelo de Miño.

 

En total, a Administración autonómica investiu, nestes 12 anos, preto de 120 millóns de euros en infraestruturas sanitarias de atención primaria. A partir deste ano, o novo Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria servirá a xeito de plan director para o novo ciclo de investimento futuro nesta rede de centros, deseñando así unha folla de ruta que centre as prioridades de actuación a curto e medio prazo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones