Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA TRABALLA CO SECTOR E COS GOBERNOS CENTRAL E AUTONÓMICOS PARA MANTER AS POSIBILIDADES DE PESCA DA SARDIÑA

O plan de xestión da sardiña é unha medida de urxencia que evita que a Unión Europea asigne un TAC (Total Admisible de Capturas) á especie.

Foto:Ana Varela

Fecha: 27 de Febrero de 2015

Fuente: Xunta de Galicia


 
A Xunta traballa co sector e cos gobernos central e autonómicos para manter as posibilidades de pesca da sardiña e trata de dotarse da mellor situación, dentro da conxuntura biolóxica difícil deste recurso, para a nosa frota, buscando con iso a maior cota de pesca para ela. Así o defendeu esta tarde no pleno do Parlamento a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, en resposta a unha pregunta sobre o tema.

O plan de xestión da sardiña é unha medida de urxencia que evita que a Unión Europea asigne un TAC (Total Admisible de Capturas) á especie. Esta medida freou ademais a iniciativa de Portugal de autoasignarse o 70% da cota ou das posibilidades de pesca,un feito que podería deixar á frota galega nunha posición de franca desvantaxe.

Rosa Quintana advertiu que grazas ao traballo conxunto da Consellería co sector do cerco, a través da Comisión Sectorial do Consello Galego de Pesca, conseguiuse que o a frota do xeito poida pescar sardiña e facelo cunha cota propia. Así, introduciuse na normativa a posibilidade de que esta frota pesque sardiña e que o faga cun cupo de arredor de 200 toneladas. Algo que, cos datos que nos achegan o sector e as confrarías, supón unha cifra superior á media anual de capturas do xeito nos últimos dez anos, que é de 179 toneladas, lembrou a conselleira.

Rosa Quintana sinalou ademais que, afondando na comparanza entre capturas, disposicións de cota e peticións, “temos unha recente que nos demandaba arredor de 1.500 toneladas anuais, das que 70 estarían acoutadas para o mes de xaneiro”. Pois ben –engadiu–, “neste mesmo mes de xaneiro as capturas efectuadas polo xeito ascenderon a 1,8 toneladas e en 2014 chegaron aos 960 quilos, bastante menos desa petición”.

Xa que logo –concluiu a conselleira–, “debemos unir esta comparanza a outro punto positivo e que se basea na consideración favorable a esta concesión por parte do sector que realiza a maior parte das capturas de sardiña, e iso é de agradecer e ter en conta neste contexto no que a situación da especie da sardiña é límite”.

Centro Tecnolóxico Alimentario
Por outra banda, a conselleira respondeu a outra pregunta sobre a xestión do Centro Tecnolóxico Alimentario (Cetal). Na súa resposta sinalou que “o Goberno galego sempre adoptará aquelas medidas que, na defensa da legalidade e do cumprimento escrupuloso desta, se teñan considerado oportunas e necesarias, sempre velando por criterios de igualdade e coa aplicación das garantías legais precisas e sen aplicar xuízos paralelos”.

Rosa Quintana insistiu en que o informe do Tribunal de Contas relativo a esta cuestión “non é unha sentenza”, xa que se trata simplemente dun informe de fiscalización, no que se analizan os procesos de contratación. Explicou tamén que os contratos fixéronse de acordo a unhas normas internas de contratación aprobadas en decembro de 2008 e cando se viu que podía existir algún tipo de discrepancia, modificáronse esas normas, para adaptalas á realidade da avogacía do Estado. A conselleira rexeitou que se politice este tema e advertiu que se trata dunha cuestión relacionada coas responsabilidades de funcionamento do centro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones