Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta volta a encher de herbicidas as cunetas da PO-552 ó seu paso polo Baixo Miño

A situación repítese ano tras ano amparándose en que se empregan as cantidades estritamente necesarias

A Xunta de Galicia deu comezo nos últimos días aos traballos de limpeza das marxes das estradas da rede autonómica na provincia, coincidindo tamén coa estrada PO-552, eixe vertebrador da Comarca do Baixo Miño.

Fecha: 20 de Septiembre de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

A Xunta de Galicia deu comezo nos últimos días aos traballos de limpeza das marxes das estradas da rede autonómica na provincia, coincidindo tamén coa estrada PO-552, eixe vertebrador da Comarca do Baixo Miño.

Deste xeito, increméntase a seguridade na circulación ao mellorar as condicións de visibilidade e diminuír a presenza de materia potencialmente esvaradiza; optimiza a capacidade de evacuación dos sistemas de drenaxe da estrada (cunetas, tubos...), evitando estancamentos por vexetación; favorece a percepción da irrupción de animais na calzada con maior antelación, permitindo dispoñer dun maior tempo de reacción ao condutor para evitar posibles colisións; e ademais, o aspecto limpo disuade de posibles verquidos incontrolados.

Algúns colectivos ecoloxistas manifestaron a súa postura en contra ó emprego de herbicidas sobre a vexetación das cunetas das estradas, manifestan que xa teñen remitido a súa postura tanto á Xunta de Galicia coma á Deputación de Pontevedra, aínda que sen ter recibido resposta algunha e un ano máis vóltase á mesma situación.

Tamén veciños manifestaron a súa postura en contra ó emprego de herbicidas en lugares que son frecuentados por nenos, camiñantes, deportistas e animais, reclamando que se informe sobre os productos empregados e a súa posible toxicidade.

Dende a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestructuras, ante a nosa pregunta sobre o emprego de herbicidas, manifestaron o pasado ano o seguinte:

"A Axencia Galega de Infraestruturas, dentro das operacións de conservación e mantemento das estradas de titularidade autonómica, leva a cabo actuacións para o control da vexetación das súas marxes. Estas tarefas son imprescindibles para manter a funcionalidade da rede e garantir a seguridade viaria, e materialízanse mediante dous tipos de actuacións:
- Campañas de roza e control de vexetación, tanto con medios propios como polas empresas adxudicatarias dos distintos contratos de conservación ordinaria e vialidade invernal, e polas empresas concesionarias da explotación das autoestradas que se xestionan con esta modalidade.
- A aplicación de herbicidas; debido ás súas especiais características, nunca se realiza con medios propios; sempre son as empresas dos contratos de conservación, ou as concesionarias, as que realizan ou subcontratan este tipo de traballos especializados.

A aplicación complementaria destes dous sistemas de control da vexetación consegue un resultado mais durable e eficiente, e mais seguro desde o punto de vista da seguridade ao reducir a ocupación da calzada.

Os pregos técnicos que rexen todos os contratos de conservación e concesión obrigan ás empresas ao cumprimento da lexislación e normativa vixente e que sexa de aplicación para todas as distintas actividades que son obxecto do seu contrato.
Concretamente, para a aplicación dos produtos sanitarios é de obrigado cumprimento o disposto no Real Decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios. Sempre se empregan produtos comerciais autorizados e que cumpran os requisitos que se determinan no anexo VIII do dito Real Decreto. Así mesmo, dentro da variedade de produtos existentes con base glifosato, dáselle preferencia ao uso daqueles do tipo triple A (AAA), os menos contaminantes para o ambiente.

Este tipo de traballos especializados son realizados por empresas con ampla experiencia neste ámbito. Os seus operarios contan cos certificados de aplicador profesional requiridos para o emprego deste tipo de produtos, así como coa formación técnica e os equipos de protección individual necesarios e a acreditación da posterior xestión dos residuos (envases).

A aplicación dos produtos fitosanitarios, ou ben con mochilas manuais con lanzadeira e pantalla no extremo, de xeito que a aplicación sexa localizada e non derive cara a outras plantas, ou ben con camións con boquillas antideriva.

Cómpre indicar, ademais, que na rede autonómica de estradas non se realizan fumigacións con grandes cantidades de herbicidas, senón que se utilizan as cantidades estritamente necesarias. As aplicacións realízase coa máxima precaución, suspéndense 50 m antes como mínimo da chegada a un cauce ou regato, trabállase a baixa presión e nunca se aplica con velocidades de vento superiores a 20 Km/h e evitando sempre a presenza de peóns e outros usuarios da vía."

Algúns concello de Galicia xa teñen unha normativa específica e están xa declarados coma concellos libres de glisofato, namentres no Baixo Miño, seguimos a permitir que se empreguen este tipo de productos, altamente contaminantes e nocivos para a saúde ao carón da PO-552 sen respectar os 50m antes dos regatos ou as zonas sensibles polo paso e uso de persoas e animais. A Xunta de Galicia lávase as mans ao decir que é unha subcontrata a que emprega estes productos, pero tamén recordamos que son eles os que fan esas contratacións e os que deben velar de que estes traballos se fagan cumprindo a lei.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones