Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

ABANCA e os empresarios de Tomiño alíanse para impulsar os proxectos locais

O banco e a asociación sectorial asinan un novo convenio de colaboración para reactivar a actividade comercial

Os asociados tamén poderán beneficiarse do Programa Cero Comisións ou o servizo de financiamento instantáneo APRAZOS

Fecha: 18 de Abril de 2019

Fuente: Adeto

ABANCA e a Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería e Industria de Tomiño (Adeto) veñen de asinar un novo convenio que reforza a súa colaboración e permite facilitar o crédito a profesionais desta localidade pontevedresa.

 

O presidente e a secretaria da Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería e Industria de Tomiño, David Vila Magán e María Carmen Moldes González, e o director da oficina de ABANCA en Tomiño, Julio Alonso Da Costa, rubricaron hoxe un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial do sur da provincia galega.

 

O convenio recolle unha ampla e competitiva oferta de produtos deseñados para facilitar o financiamento. Entre os que destacan están préstamos para anticipar subvencións ou aprazar o pago de impostos, sen xuros ou comisións. O texto asinado tamén recolle outras opcións de financiamento a través de pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto comercial.

 

Así mesmo, para facilitar a competitividade dos asociados, os clientes terán a súa disposición o servizo de financiamento no punto de venda de ABANCA, o chamado APRAZOS. Grazas a este servizo, pódese financiar as compras de forma rápida, sinxela e económica.

 

O protocolo tamén recolle unha oferta mellorada para a contratación de TPV (Terminais Punto de Venda) da entidade e bonos que permiten que os negocios paguen unha cantidade fixa todos os meses, incluíndo un volume de vendas pactado que se corresponde co que os comercios estiman facturar anualmente a través do TPV.

 

Desde as oficinas de ABANCA tamén se facilitará a información relativa ás opcións de financiamento do Plan Activamos, unha iniciativa conxunta entre o banco e a Deputación de Pontevedra que inclúe liñas de crédito a intereses baixos para facilitar o emprendemento, os novos investimentos, a creación de emprego ou actuacións de mellora enerxética das pemes e os autónomos da provincia.

 

Do mesmo xeito, os empresarios pertencentes a esta asociación poderán desfrutar das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con diversos organismos públicos. ABANCA está adherida á liña de convenio ‘Empresas e Emprendedores' co ICO, mediante a cal as empresas poderán dispoñer de recursos financeiros para acometer os seus proxectos de investimento e cubrir as súas necesidades de liquidez no ámbito doméstico. Tamén poderán gozar das vantaxes do acordo do banco coas sociedades galegas de garantía recíproca.

 

Así mesmo, os socios de Adeto poderán beneficiarse das vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingreso de cheques ou outros servizos habituais. ABANCA poñerá ademais a disposición da asociación o seu servizo de banca electrónica.

 

O acordo incluso permite que aqueles empresarios que estean a pensar en ampliar o seu negocio á venda por Internet poidan gozar dun desconto do 20% na creación dunha tenda online, grazas a un acordo de ABANCA coa empresa Palbin.

 

Doutra banda, co ánimo de optimizar a calidade do servizo que se presta aos asociados e dar unha atención máis personalizada a este colectivo, o banco poñerá á súa disposición persoal especializado en xestión de seguros, que informará das pólizas que mellor se adapten ás necesidades de cada asociado.

 

Adeto naceu no ano 2005 como unha agrupación de empresarios de varios sectores que desenvolven a súa actividade no Concello de Tomiño. Entre os fins da asociación está a defensa dos intereses empresariais dos asociados, a organización de actividades de carácter asistencial e a prestación de servizos de asesoramento e información, entre outros. Doutra banda, ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta axeitada para autónomos e pemes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí