Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ABANCA E OS EMPRESARIOS DE TOMIÑO FACILITAN O CRÉDITO AOS EMPRENDEDORES

O banco e a asociación sectorial asinan un convenio de colaboración para reactivar a actividade comercial

Os socios desta localidade pontevedresa gozarán de mellores condicións na contratación de produtos da entidade financeira galega

Fecha: 25 de Junio de 2015

Fuente: ADETO - Tomiño

ABANCA e a Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería e Industria de Tomiño (Adeto) veñen de asinar un novo convenio que reforza a súa colaboración e permite facilitar o crédito a profesionais desta localidade do sur de Galicia.

O presidente e a secretaria da Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería e Industria de Tomiño, David Vila Magán e María Carmen Moldes González, e o director de zona de ABANCA en no Baixo Miño, Enrique Marticorena Rodelgo, rubricaron hoxe un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial do sur da provincia galega.

O convenio facilita que os emprendedores asociados a accedan a condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto. O documento asinado tamén pon a disposición dos empresarios a comercialización de produtos específicos da entidade como Crediventa ou compras especiais (a través das tarxetas de crédito) para dinamizar a actividade mercantil.

Os profesionais pertencentes a esta asociación tamén se beneficiarán de tarifas personalizadas na alta e o mantemento de Terminais no Punto de Venda (TPV) e poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

A entidade tamén porá a disposición de todos os asociados xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica. Desta maneira, dende as oficinas de ABANCA facilitarase a información relativa ás opcións de financiamento a través do convenio asinado coa Deputación de Pontevedra, así como outros convenio do ICO, Igape e SGR.

Adeto naceu no ano 2005 e xa agrupa os intereses de case un centenar de autónomos da localidade de Tomiño, que exercen a súa actividade en sectores estratéxicos como o comercio, a hostelería e a industria, entre outros. ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta axeitada para autónomos e pemes.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones