Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Abertas as inscricións para os -Xogos Eurocidade - Sen Fronteiras-

A iniciativa, gañadora do Orzamento Participativo Transfronteirizo 2023, celebrarase os días 10 e 11 de xuño

A iniciativa, gañadora do Orzamento Participativo Transfronteirizo 2023, celebrarase os días 10 e 11 de xuño

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Mayo de 2023

Fuente: Concello de Tomiño

A mocidade da Eurocidade Cerveira-Tomiño poderá gozar dunha fin de semana marcada pola diversión deportiva e a celebración dos valores europeos. Os vindeiros 10 e 11 de xuño, o Skate Park de Goián, en Tomiño, e o Centro Municipal de Atletismo de Vila Nova de Cerveira serán os escenarios dos ‘Xogos Eurocidade – Sen Fronteiras’. O proxecto está dirixido a mozos e mozas de 12 a 25 anos e as persoas interesadas poden inscribirse xa a través do formulario na web da Eurocidade Cerveira-Tomiño.

Inspirado na idea de Charles de Gaulle, que en 1965 creou a 1ª edición dos Xogos Sen Fronteiras que marcaría varias xeracións do século pasado, os 'Xogos Eurocidade - Sen Fronteiras' é un dos proxectos gañadores da edición 2023 do Orzamento Participativo Transfronteirizo. Ademais de promover a implicación da mocidade en actividades deportivas e de lecer, este evento mantén os obxectivos de fomentar a amizade, o compartir, a unión e a solidariedade entre os mozos e mozas de ambos concellos veciños a través de xogos tradicionais e/ou probas típicas dese célebre evento europeo, adaptados aos recursos e deportes máis actuais.

A mocidade participante formará equipos que, ao longo de dous días, competirán nun conxunto de desafíos, acumulando puntuacións para atopar o equipo gañador. Haberá torneo de tracción de corda, inchable de futbolíns humanos, xogo da illa e xogo big bags, xincana de bicicletas, tiro de tiratacos, inchable basket challenge, xogos tradicionais, xogo do pneumático, xogo do pé atado, xogo do ovo na culler, xogo da malla, Fun Games, paintball e slide.

A participación é de balde. As persoas interesadas deben formalizar a súa inscrición a través da web da Eurocidade Cerveira-Tomiño ata o día 31 de maio.

Este proxecto gañador do OPT Cerveira-Tomiño 2023 asume un forte compromiso en contribuír ao logro das metas dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable das Nacións Unidas (ODS), nomeadamente no ámbito da Saúde de Calidade, que establece que, ata 2030, debe haber unha redución dun terzo da mortalidade prematura por enfermidades non transmisibles a través da prevención e tratamento, e

Praza do Seixo, 1. 36740 Tomiño. Teléfono: 986 622 001-03. Correo electrónico: comunicacion@tomino.gal
unha maior promoción da saúde mental e benestar, así como reforzar a prevención e o tratamento do abuso de substancias, incluíndo o abuso de drogas e o uso nocivo do
alcohol.

 

O proceso participativo da Axenda para a Mocidade integra o proxecto "0780_AMIZADE_1_P", cofinanciado nun 75% polo programa INTERREG VA
POCTEP de cooperación transfronteiriza, a través de fondos FEDER da Unión Europea.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí