Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NOS PROGRAMAS DE TERMALISMO SOCIAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

O ano pasado participaron nestes dous programas máis de 6.000 personas maiores de 50 anos

O ano pasado participaron nestes dous programas máis de 6.000 personas maiores de 50 anos

Fecha: 12 de Marzo de 2015

Fuente: depo.es

Un ano máis a Deputación de Pontevedra a través do Servizo de Servizos Sociais e Promoción do emprego pon en marcha os programas de termalismo social Coidarte e Saúde e Benestar. Estes programas están dirixidos a pensionistas, persoas solicitantes dun respiro familiar e outras persoas maiores de 50 anos. Ambos teñen como obxectivo fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida dos seus beneficiarios, favorecendo as súas relacións sociais e a participación no seu contorno, e promovendo espazos de intercambio, así como a súa independencia persoal. Preténdese así evitar as situacións de illamento e soidade que ameazan a este sector da poboación. O prazo para solicitar participación en Coidarte 2015 vai do 1 ao 30 de abril de 2015 e o de Saúde e Benestar, do 12 de marzo (mañá) ata o 10 de abril.

Ó mesmo tempo, cos programas Coidarte e Saúde e Benestar téntase impulsar a creación e mantemento do emprego no sector turístico da provincia, especialmente durante os períodos de menos actividade neste sector clave na economía, para así desestacionalizar a demanda.


Trátase, xa que logo, dun programa cun claro obxectivo social, xa que facilita o acceso ó turismo de saúde a persoas que doutro modo non poderían beneficiarse da súa dobre función, como forma de descanso e tamén como tratamento sanitario, pero que ofrece tamén bos resultados en termos de sustentabilidade económica para a provincia.


O programa Coidarte oferta balnearios, spas e talasos da provincia a prezos reducidos, cunha subvención da Deputación á que poderá sumarse outra dos concellos que se adhiran. Neste programa, os beneficiarios poderán gozar de cinco días consecutivos (de luns a venres) no establecemento seleccionado, facendo uso das súas instalacións durante dúas horas cada día. A franxa horaria das actividades ofertadas fainas compatibles con outras obrigas que poidan ter os usuarios. O transporte ata as instalacións correrá a cargo de Deputación e non suporá ningún custo engadido para os beneficiarios, que terán o asesoramento dun guía acompañante.


O programa Saúde e Benestar oferta prazas subvencionadas pola Deputación e comprende unha estancia de seis días e cinco noites nun establecemento hoteleiro da provincia seleccionado polos beneficiarios, que estará equipado cun spa ou talaso. O paquete do programa inclúe a estadía en réxime de pensión completa e o uso das súas instalacións termais, así como actividades de animación sociocultural con excursións pola zona onde se sitúe o hotel. Poderase solicitar praza individual ou por parellas. Igual que no anterior programa, os traslados desde os concellos serán cubertos na súa totalidade pola Deputación, contando igualmente cun guía nas viaxes.


O ano pasado participaron nestes dous programas 6.000 personas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones