Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR AS SUBVENCIÓN QUE O CONCELLO DE TOMIÑO CONVOCA PARA AS ASOCIACIÓNS E ENTIDADES DO MUNICIPIO QUE REALICEN ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS

As presente convocatorias teñen por finalidade promover en réxime de concorrencia competitiva a concesión de subvencións

As presente convocatorias teñen por finalidade promover en réxime de concorrencia competitiva a concesión de subvencións

Fecha: 17 de Marzo de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

O pasado venres saíron publicadas no BOP (boletín oficial da provincia) de Pontevedra as bases e convocatorias para a concesión de subvencións a entidades deportivas e deportistas individuais do concello de Tomiño, así como as bases para a concesión de subvencións municipais a entidades sen fin de lucro do concello de Tomiño para a realización de actividades culturais.

As presente convocatorias teñen por finalidade promover en réxime de concorrencia competitiva a concesión de subvencións entre as entidades deportivas sen fins de lucro e os deportistas individuais do concello de Tomiño, que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria específica de subvencións, co obxecto de fomentar o deporte e a práctica deportiva, para a participación en competicións oficiais e o desenvolvemento de actividades deportivas durante este ano 2015 e apoiar e promover en réxime de concorrencia competitiva a concesión de subvencións entre as entidades culturais sen fins de lucro que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria específica de subvencións, que desenvolven proxectos ou actividades culturais que en xeral contribúan ao fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños co municipio e en especial a promoción ou recuperación da cultura e tradicións locais e que se realicen durante o ano 2015. As bases poden consultarse no BOP de Pontevedra do 13 de marzo, na páxina web do concello ou no departamento de cultura municipal.

Dende o concello de Tomiño consideramos de gran importancia poñer ao alcance do tecido asociativo do municipio, a formación necesaria para que as entidades accedan a todo tipo de financiación e por este motivo ofertamos de xeito totalmente gratuíto para as entidades e asociacións municipais dous seminarios:

SEMINARIO DE FINANCIAMENTO. Trátase de que os membros das diferentes entidades e/ou asociación conozan as distintas axudas por parte do concello, diputación, Xunta de Galicia e Comisión Europea e aprendan a realizar proxectos así como aprender a cubrir os diferentes formularios e presentar as diferentes subvencións.

SEMINARIO DE CROWDFUNDING (ou financiación colectiva) onde as persoas asistentes aprenderán qué tipo de proxectos son axeitados para o micromecenazgo, coñecer as diferentes plataformas estatais e internacionais de financiamento e aprender cómo presentar un proxecto.


A concelleira de cultura, Cristina Martínez, pola súa parte, recordounos a importancia de "apoiar ao dinámico tecido asociativo, tanto dándolle formación para acadar novos recursos, como apoiando a labor que fan nos distintos eidos da cultura e deporte no concello"

 


 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones